miércoles, 5 de junio de 2013

Rajoy en Bruxelas: "A corrección dos desequilibrios non deixa de ser o prólogo dunha recuperación económica que será percibida polo conxunto dos españois"

Hoxe o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, acompañado de sete ministros, estivo reunido en Bruxelas coa Comisión Europea coa finalidade de analizar os principais asuntos que se tratarán no Consello Europeo deste mes de xuño.

Rajoy e o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, coincidiron na necesidade de seguir avanzando de xeito decidido tanto nas reformas postas en marcha polos Estados como nas acordadas no ámbito europeo no Consello de xuño do ano pasado, segundo manifestaron en roda de prensa.

O presidente Rajoy expuxo á Comisión Europea as súas formulacións sobre España, Europa e o próximo Consello Europeo. Respecto de España, sinalou que se produciron avances na corrección dos grandes desequilibrios da economía de forma que agora podemos financiarnos, aínda que recoñeceu que quedan moitas cousas por facer: "A corrección desequilibrios non deixa de ser o prólogo dunha recuperación económica que será percibida polo conxunto dos españois".

O presidente asegurou que está facendo reformas desde que chegóu ao Goberno "por convicción", co obxectivo de crecer, crear emprego e mellorar o benestar dos cidadáns, e abogóu por continuar facéndoas coa maior celeridade posible: "Calquera reforma que haxa que facer e que se considere que sexa boa, o lóxico, o sensato e o razoable é facela canto antes para que produza os efectos beneficiosos que se busca con ela".

Neste sentido confíó en que a reforma do sistema tributario sexa efectiva o ano que vén e a das pensións poida estar finalizada antes de fin do presente ano.

"Europa debe continuar co que sempre foron os seus acenos de identidade: unha maior integración e máis reformas", segundo dixo Mariano Rajoy, algo que tamén é prioritario para José Manuel Durao Barroso. 

O presidente sinalou que no Consello Europeo de final de mes hai que transmitir que seguimos no proceso de reformas e continuar os avances na unión bancaria. Así mesmo, é necesario abordar os problemas de financiamento das Pymes e o desemprego xuvenil.

Rajoy asegurou que as recomendacións da Comisión Europea "coinciden sustancialmente" coas reformas incluídas no Plan Nacional remitido a Bruxelas, algo que lle reconforta. Respecto diso indicou que á Comisión parecéronlle ben a reforma do sistema tributario e a das pensións que ten previsto aprobar o Goberno.

Mariano Rajoy anticipou o obxectivo da reforma tributaria que o Goberno pretende aprobar en 2014 e que será fomentar o aforro, o investimento empresarial e a creación de emprego, o financiamento a pemes, o I+d+i e alternativas ao mercado bancario.

En canto á sostibilidade das pensións, o presidente asegurou que "para o Goberno ter un sistema de pensións público é unha prioridad absoluta". Neste sentido recordou que a única partida presupuestaria que non baixou son as pensións: "O que quero é manter e mellorar o modelo".

Rajoy recordou que un grupo de expertos está elaborando un informe que se analizará no Pacto de Toledo: "É un sistema que hai que debater, tratar entre todos e manter un sistema de pensións público do que todos estamos orgullosos".

Tamén o presidente afirmou que aínda non se tomou ningunha decisión sobre a recomendación da Comisión Europea de revisar o IVE dalgúns produtos: "Eu non quero subir os impostos, non teño ningún interese, pero temos o compromiso ineludible da consolidación fiscal e por iso habemos ter que facelo ao longo desta Lexislatura.

Si seica facer algúns cambios, baixar uns, tocar outros. Espero, cando poida, baixar o IRPF. Non está prevista a reforma do IVE no curto prazo, pero si unha reforma tributaria completa",declarou.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas.