Esta mañá no madrileño Foro Nova Economía, o comisario europeo de Competencia, Joaquín Almunia, avanzou que propoñerá á Comisión Europea que os estaleiros españois queden exentos de devolver as axudas que recibiron entre 2002 e 2011 e que se consideran incompatibles coa lexislación europea.
Explicou que as axudas que haberá que devolver serán as recibidas a partir de 2005, xa que antes desa data podía haber "inseguridade xurídica" sobre a materia. E dixo que a devolución terá que correr a cargo dos inversores que participaron no financiamento dos buques e que se aproveitaron das vantaxes fiscais, así como os armadores que compraron os buques a un prezo inferior ao do mercado.
Estas declaracions do comisario Europeo da Competencia, provocaron unha forte reaccion en Galicia e desde logo dos deputados galegos do PP que por medio dunha nota de prensa cualificamos de "aldraxe" o feito de que España, a diferenza do que ocorreu con Francia, teña que devolver as axudas recibidas entre 2005 e 2011 e manifestamos que ata o último minuto do día 17 de xullo, cando a Comisión Europea debe decidir, o PP, con Feijóo á cabeza, seguira pelexando para defender ao sector naval galego como sempre.
Debemos criticar duramente ao socialista Almunia por poñer en perigo 87.000 postos de traballo e recordamos que Alfredo Pérez Rubalcaba comprometeuse a mediar co seu compañeiro de partido, para evitar a morte do sector naval galego e español.
Pedimos a Almunia que rectifique antes do día 17 e que en lugar de presentar unha proposta que supón unha condena de morte para un sector vital para a economía galega traballe de xeito conxunto co PP para convencer á Comisión Europea de que España debe ser tratada igual que Francia.
Insistimos en que a devolución destas axudas ocasionaría un dano "irreversible" non só para esta actividade, senón para o conxunto da economía española.
http://www.crtvg.es/informativos/deputados-do-pp-e-do-bng-rexeitan-a-decision-de-almunia-616352
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas