Apuntar nesta entrada que o Consello de Ministros celebrado o pasado venres 5 de xullo, aprobou un plan de racionalización de servizos Avant, de alta velocidade e media distancia, e de servizos de ancho métrico, prestados anteriormente, estes últimos pola empresa pública FEVE.
Os servizos Avant, que discorren por vías de alta velocidade ou altas prestaciones, manterán todas as oportunidades de viaxe, xa que só se realizan dúas modificacións, o servizo Calatayud-Zaragoza, que se ofrecerá ao mesmo prezo, pero con prazas dos trens AVE Madrid-Barcelona e o Jaén-Cádiz prestarase por vía convencional.
Prevese que o aforro anual sexa de 4,6 millóns de euros.
Os traxectos en trens de ancho métrico mantéñense na súa totalidade, con algúns axustes nas frecuencias en función da demanda, e co desenvolvemento do sistema de paradas facultativas. Con estas medidas reducirase o déficit de explotación en Viaxeiros no exercicio 2013 en 4,7 millóns de euros.
Trátase de servizos de gran relevancia para a vertebración territorial, cun elevado de viaxeiros ao ano. Ademais, na maioría dos percorridos é difícil garantir unha oferta alternativa por estrada, debido á complicada orografía do terreo e ás dificultades climatolóxicas.
Con estas medidas acordadas polo Consello de Ministros, garántese o dereito á movilidade de todos os cidadáns mediante o transporte público optimizando sinergias dentro do modo ferroviario.
Tanto no caso dos servizos Avant, como nos de ancho métrico, mantéñense en todos os casos as oportunidades de viaxe para os usuarios.
No anexo I inclúese a Relación de servizos ferroviarios de viaxeiros de media distancia, competencia da Administración Xeral do Estado, prestados sobre a Rede de Altas Prestaciones (AVANT), que quedan suxeitos a obrigación de servizo público. Entre eles os que corresponden a Ourense/Santiago/A Coruña.
No anexo II recóllense suxeitos a obrigación de servizo público, prestados sobre a rede de ancho métrico, a liña de proximidade entre Ferrol e Ortigueira e a liña de rexionais entre Ferrol-Xixón-Oviedo.