martes, 2 de julio de 2013

En xuño, descensde de xeito significativo o paro rexistrado

O Servizo Público de Emprego Estatal divulga hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2013.



Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro registrado en xuño en relación co mes anterior en 1.260 persoas, un descenso do 4,07 %.

O numero de parados queda en 29.674, deles 14.407 son homes e 15.267 mulleres, 27.675 son maiores de 25 anos e 1.999 menores.



Por sectores, 1.316 son da agricultura, 4.349 da industria, 4.510 da construción, 16.960 nos servicios e 2.539 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual o paro rexistrado medrou en Ourense en 7 persoas, un 0,02 %, que é inferior ao dato autonómico do 1,57 % e ao nacional do 3,22 %

Galicia:



O paro rexistrado de Galicia baixou en 10.452 persoas con respecto a abril (un – 3,68 %). O numero de parados queda en 273.434, deles 133.710 son homes e 139.724 mulleres, 273.434 son maiores de 25 anos e 17.719 menores.



Por sectores, 9.056 son da agricultura, 38.709 da industria, 43.373 da construción, 159.747 nos servicios e 22.549 do colectivo sen emprego anterior.



O paro baixou en Galicia no mes de xuño, en todas as provincias (Pontevedra a que máis). O principal descenso por sectores é nos servizos (-7.223) e na construción (-1.281).

Trátase da maior baixada en valores absolutos nun mes de xuño desde que constan datos estatísticos de paro rexistrado, isto é, desde 1996. É unha baixada superior en 3.000 persoas a rexistrada o ano pasado. É a cuarta baixada consecutiva neste ano 2013, e é a maior de todas elas.



Nos seis primeiros meses do ano, o paro rexistrado en Galicia reflicte un balance positivo de 5.353 parados menos.



En canto á evolución interanual, é a mellor desde 2007. Rexistra un aumento do 1,57 por cento, o que se traduce en 4.231 parados máis. Isto supón mellorar en máis de 13 puntos e medio a interanual que se rexistraba no mes de xuño do ano pasado (15,26 por cento, +35.646 desempregados). A evolución interanual de Galicia no mes de xuño é a metade que a media do Estado (Galicia +1,57; Estado +3,22)



Galicia presenta un mellor comportamento que o Estado, tanto en evolución mensual como interanual.



Por comunidades, Galicia é a cuarta comunidade onde máis baixa o paro este mes en termos absolutos e a quinta en termos relativos (Baixa máis en termos absolutos en: Cataluña, Andalucía e Madrid; En termos relativos en: Illes Balears, Aragón, Castela e León e Cataluña)



En termos interanuais, o paro sube en todas as comunidades excepto unha, e Galicia é a quinta comunidade na que menos sube o paro. (Baixa en Baleares. Sube menos en: Cataluña, Canarias e Comunidade Valenciana)



España:

O paro baixou en xuño en 127.248 persoas, un – 2,60 %. Queda situado en 4.763.680 persoas. Deles 2.332.698 son homes e 2.431.071 son mulleres. 4.339.629 son maiores de 25 anos e 424.051 menores.



Por sectores, 198.532 son da agricultura, 527.077 da industria, 705.606 da construción, 2.956.548 nos servicios e 375.917 do colectivo sen emprego anterior.



Aínda que é certo que o mes de xuño é un mes tradicionalmente bo, nunca se logrou unha baixada tan significativa, dado que se trata da maior disminución do paro rexistrado neste mes en toda a serie histórica. Continúa ademais a tendencia na caída iniciada en marzo, e que comprende xa catro meses de descenso consecutivo.



O descenso deste mes mellorou en case 30.000 persoas a que ata agora era a maior disminución do paro, a rexistrada en xuño do ano pasado, cuxa baixada situar en 98.853 desempleados menos.



 O paro descende en todos os sectores de orixe dos traballadores en desemprego, salvo en agricultura. Así, nos procedentes do sector servizos baixa en 90.149 persoas (-2,96%), nos da construción descenden en 18.516 (-2,56%), nos da industria redúcese en 13.405 (-2,48%) e no colectivo sen emprego anterior baixa en 6.648 (1,74%). Pola contra, sobe no sector de agricultura en 1.470 (0,75%).

 
Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas