viernes, 26 de julio de 2013

En memoria dos falecidos no descarrilamento do tren en Angrois

Dedico o día de hoxe a honrar a memoria dos falecidos polo descarrilamento do tren Alvia en Angrois.

Ás once horas asistín na Subdelegación do Goberno en Ourense a unha concentración de funcionarios da Administración Xeral do Estado, presidida por Roberto Castro, que gardaron uns minutos de silencio en recordo das vítimas do accidente ferroviario.

Logo despraceime a distintos velorios, primeiro na capital onde nun tanatorio estaba o cadáver dunha rapaza ourensá de tan só 18 anos, Carolina Besada. 

Despois estiven no polideportivo de Xunqueira de Ambia, convertido en capela ardente, e puiden dar o pésame a dúas familias da localidade que acompañaban os corpos de dúas mozas primas e amigas Eva Pérez e Celtia Cabido, de 24 e 21 anos respectivamente.


E finalmente en Melias, Pereiro de Aguiar acudín ao tanatorio onde familia e amigos velaban a unha muller de 45 anos, Ana Álvarez que viaxaba no tren coa súa filla menor e que afortunadamente salvou a vida e permanece  agora hospitalizada en Santiago.

Non hai palabras para describir a dor destas familias e dos seus achegados.

Por iso vou utilizar unhas pronunciadas onte polo Arcebispo D. Julián Barrio na misa de Compostela: “Rezamos polos falecidos para que Deus os acolla na sua bondadosa misericordia; estou seguro que o Apóstolo Santiago peregrinou con eles ata o Pórtico da Gloria. Rezamos polos feridos para que se recuperen canto antes e compartimos a dor dos familiares, pedindo que o Señor concédalles o consolo, a serenidade e a paz que nestes momentos de xeito especial necesítanse”