domingo, 14 de julio de 2013

En tren desde Ourense ata A Rúa de Valdeorras: unha viaxe recomendable

Como dicía, onte estiven na Rúa de Valdeorras na inauguración da Feira do viño de Valdeorras. E sendo sábado e tendo tempo e ganas de gozar da paisaxe e de facer fotografías, decidín viaxar desde Ourense, utilizando o ferrocarril.

Así que as 10,18 horas tomé o tren Intercity de Renfe que ten orixe en Vigo e destino final en Madrid-Chamartin. Un tren ben equipado e cómodo.

Nun día magnífico de verán, comezamos o traxecto pola ribeira do río Miño, vendo paraxes tan bonitos como Rivela. Minutos despois xa estabamos nesa encrucillada que é Os Peares, onde o Sil aborda ao pai Miño.

Así desde puiden ver o magnífico encoro inaugurado en 1955 e a súa ponte de ferro realizado pola escola de Eiffel. 

Chegamos con puntualidade total a Monforte de Lemos ás 10,56 horas onde o tren detívose e puiden ver a gran estación que no seu día foi tan importante para os tráficos ferroviarios de Galicia. 

Renovamos a marcha ás 11,01, viaxando polo sur de Lugo ata chegar á moi bonita estación de San Clodio-Quiroga ás 11,23 e tras unha breve parada continuamos viaxe bordeando o Sil e contemplando paisaxes marabillosas. 

E pouco tempo despois xa estabamos en plenas terras de Valdeorras e chegamos con total puntualidade á estación da Rúa-Petín ás 11,45 horas. 

Recomendo esta magnífica viaxe a todos, gozarán sen dúbida.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas

Fotos da Viaxe
Intercity en Ourense
Río Miño en Rivela
Encoro de Os Peares
Río Sil
Estación de Monforte de Lemos
Río Sil
Estación San Clodio-Quiroga
Río Sil en Valdeorras
Intercity
Petín
A Rúa
Estación A Rúa-Petín