O funeral foi oficiado por D. Julián Barrio, arzobispo de Santiago e presidido polos príncipes de Asturias, a infanta Elena e os presidentes do Goberno central e do autónomo, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo, respectivamente.
Xunto a eles, os ministros de Fomento, Ana Pastor; Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón; e Interior, Jorge Fernández Díaz, do mesmo xeito que o líder da oposición e secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba.
Atopábanse na Catedral tamén os familiares dos falecidos, unha representación dos profesionais mobilizados con motivo do sinistro, policías, bombeiros, psicólogos, de protección civil e veciños de Angrois,
Finalizada a misa, Felipe de Borbón e Letizia Ortiz, a infanta, Feijoo, Rajoy e a súa esposa, o arzobispo Barrio e o alcalde da capital, Anxo Currás, saudaron a todos os familiares dos falecidos.