Hoxe no Senado a ministra de Fomento, Ana Pastor, respondeu a unha pregunta do senador Miguel Fidalgo, sobre as modificacións que vai realizar Fomento nas obras da liña de AVE a Galicia, afirmando con rotundidade que non hai ningún lugar no que o Goberno estea investindo en Alta Velocidade como en Galicia.
Así mesmo, anunciou que en setembro se licitarán mediante contratos público-privados as instalacións de seguridade e comunicacións do tramo da liña entre Olmedo e Zamora. Estas foron as palabras literais da ministra: “Non se esqueza, señoría, que eu substituín vostede sabe a quen e que substituín a un equipo ministerial que deixou 40 000 millóns de euros de débeda no ministerio. Señoría, vostede vaise a facer famoso e voulle a dicir por que; vaise a facer vostede famoso porque é a primeira vez que un representante dos cidadáns que é quen dispón de máis diñeiro no orzamento para destinar á alta velocidade vén a esta Cámara para dicir as cousas que vostede dixo, que tampouco sé onde as leu nin de onde as sacou.
En calquera caso, voulle a dar os datos e voulle a falar das obras, señoría, iso que lles doe a vostedes tanto, a vostedes que son os reis do PowerPoint, pero non das obras; insisto, son os campións do PowerPoint, señoría. En 2012, señoría, o Goberno, ese de o que vostede fala e que preside Mariano Rajoy, ese presidente ao que lle tocou facer fronte á crise máis importante que viviu este país, ese presidente que ha ter que asumir unha xestión nefasta, ese Goberno destinou 1.455 millóns de euros dos que case 900 millóns de euros foron para ferrocarrís en Galicia, como vostede ben sabe. E, en 2013, 1.172 millóns de euros. ¡Si é que se vai a facer vostede famoso! É que se vai a facer famoso porque non hai ningún ámbito no que se estea investindo como se está facendo na alta velocidade. Sé que estas cousas molestan. Pregunte aos seus compañeiros de bancada, que cando se queren meter coa ministra de Fomento din que inviste moito en Galicia, señoría.
No tramo entre Olmedo e Lubián, señoría, están finalizando as obras de plataforma para vía dobre e están adxudicadas as CPP de montaxe e electrificación para vía dobre. En setembro imos a licitar a contratación mediante CPP e este é un anuncio que lle fago, das instalacións de seguridade e comunicacións de Olmedo a Zamora; e entre Lubián e Taboadela, como vostede sabe, señoría, están as obras en marcha. Non me dá tempo a nomearllas todas pero son Lubián-túnel da Canda, todos os túneles de O Cañizo, o túnel do Espiño, Vilariño-Campobecerros, Campobecerros-Portocamba, o túnel do Corno, Cerdedelo-Prado, Prado-Porto, túnel de Prado, Porto-Miamán, Miamán-Ponte Ambía e Ponte Ambía-Taboadela. Señoría, iso é o que está facendo o Ministerio de Fomento e está traballando coas institucións para dar saída e resposta a aquilo ao que vostedes fixeron unha foto pero non resolveron, e que é tan importante para a cidade de Ourense, como vostede sabe, como a circunvalación de entrada en Ourense e facer unha estación que sexa viable e financiable. Iso é o que estamos facendo, señoría e, xa que logo, farase vostede famoso porque investindo máis que en ningunha provincia de España vén vostede a pedir explicacións".