Hoxe os deputados do PP de Galicia no Congreso promovimos a redacción dunha Proposición non de Lei, que finalmente foi subscrita por todos os grupos parlamentarios e que previsiblemente debaterase na Comisión de Industria do Congreso convocada para o día 16 de xullo.
O Congreso dos Deputados con esta iniciativa apoiou hoxe, de forma unánime, as xestións do Goberno de España para intentar que o comisario europeo da Competencia, o socialista Joaquín Almunia, reconsidere a súa postura de obrigar a devolver as axudas do tax lease, unha decisión que a Comisión Europea ten previsto adoptar o próximo 17 de xullo e que, de producirse, pode significar o fin do sector naval español e galego.
O texto da PNL consensuada coincide basicamente coa declaración institucional adoptada onte polo Goberno de España, así como os gobernos autonómicos de Galicia, País Vasco e Asturias e PYMAR en representación dos estaleiros privados españois e solicita "a reconsideración da proposta avanzada polo comisario de Competencia de devolución por España das axudas do tax lease".
Nunha comparecencia conxunta que fixemos os representantes dos Grupos Parlamentarios, destaquei que a intención desta PNL que non é outra que se visualizase o forte respaldo do Congreso ao Goberno de España no seu labor de oposición á decisión de ter que devolver as axudas. "Hoxe sumamos, desde o Congreso, esta forte petición conxunta de todos. Están afectados 87.000 empregos, fundamentalmente no País Vasco, Galicia, e Asturias, pero tamén a Cantabria, Baleares e Canarias, e por iso nós pedimos encarecidamente que se tome unha decisión que sexa correcta e que non se mande ao paro a 87.000 persoas que non o merecen".
Insistín en que existe risco de que se perdan miles de empregos no sector naval e cualifiquei a proposta do comisario Almunia de "inxustificada", xa que, "os nosos estaleiros, os nosos armadores, os nosos financiadores actuaron ao amparo dun sistema que entendiamos e entendemos hoxe que se axustaba á normativa legal vixente", e asegurei que "debe prevalecer o principio de seguridade xurídica e de confianza, polo que entendemos que estamos aínda a tempo de que a Comisión recapacite e reconsidere".
http://youtu.be/NLVr2Yczf_Y
http://www.expansion.com/agencia/efe/2013/07/02/18524029.html
http://www.publico.es/dinero/458259/el-congreso-en-bloque-reclama-que-los-astilleros-no-tengan-que-devolver-las-ayudas
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/07/02/congreso-bloque-reclama-devuelva-tax-lease/00031372780132321946668.htm
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas
http://youtu.be/NLVr2Yczf_Y
http://www.expansion.com/agencia/efe/2013/07/02/18524029.html
http://www.publico.es/dinero/458259/el-congreso-en-bloque-reclama-que-los-astilleros-no-tengan-que-devolver-las-ayudas
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/07/02/congreso-bloque-reclama-devuelva-tax-lease/00031372780132321946668.htm
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas