A vindeira semana, teremos actividade da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, ben e certo que dun xeito extraordinario.
O xoves 8 desde as 10 horas, comparecerá o Presidente do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), e o Presidente da Rede Nacional dos Ferrocarris Españois (RENFE), para informar das actuacións en relación co accidente do tren Alvia, que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado 24 de xullo.
E o venres 9, a partir das 10 horas, comparecerá a Ministra de Fomento, Ana Pastor, para informar das actuacións do Ministerio de Fomento en relación co citado tráxico accidente.
Recibirá resposta. Grazas