viernes, 9 de agosto de 2013

Accidente de Angrois: Comparecencia da ministra de Fomento Ana Pastor

Hoxe compareceu a ministra de Fomento, Ana Pastor, nunha sesión extraordinaria da Comisión de Fomento, para informar sobre o accidente de tren de Santiago de Compostela.

Informou a petición propia das actuacións do Ministerio de Fomento en relación co accidente do tren Alvia, que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado 24 de xullo. Por outra banda, a proposta do Grupo Parlamentario Mixto e do Socialista, deu conta sobre as posibles causas do accidente do tren e sobre as xestións do seu Departamento en relación co tráxico accidente.

Durante a sua comparecencia Pastor trasladou en primeiro lugar as condolencias e todo o seu apoio aos familiares das vítimas, e desexou unha pronta recuperación aos feridos. Tras sinalar que a prioridade do Goberno continúa sendo atender ás vítimas, expresou o seu compromiso para que se saiba a verdade do ocorrido e evitar que un accidente como este volva suceder.

Neste sentido, recordou que, desde o primeiro momento, o Ministerio está prestando toda a súa colaboración nas dúas investigacións que se puxeron en marcha, a xudicial e a levada a cabo pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF).

Asimismo indicóu que un día despois do accidente, o 25 de xullo, púxose en marcha unha auditoría para analizar todo o sistema ferroviario. Esta auditoría permitirá revisar todas as actuacións que se levaron a cabo referidas á infraestructura e a toda a operación ferroviaria en toda España.

A estas medidas súmase a creación dunha oficina de atención aos afectados. Xunto a iso, iniciouse o desenvolvemento do Real Decreto Lei 11/2013 para a aprobación dunha nova normativa de atención ás vítimas de accidentes ferroviarios, dirixida a reforzar os dereitos das vítimas e dos seus familiares. Esta norma, segundo anunciou a ministra, incluirá un Plan Nacional que coordine todas as actuacións de atención aos afectados. 

A iso súmanse outras iniciativas de carácter técnico, como a instalación por parte de Adif de balizas e sinais no lugar do accidente e a revisión doutros tramos da rede con características similares.

Neste punto da intervención, a titular de Fomento recordóu que o pasado luns se constituíu unha comisión científico- técnica para o estudo de mellóralas do sistema ferroviario. A comisión, integrada por profesionais de recoñecido prestixio no sector ferroviario, elaborará no prazo de seis meses un informe que incluirá un estudo do sector ferroviario en España e a sua comparativa con outros países da contorna; unha análise da normativa existente; unha análise de medidas para o reforzo e mellora da seguridade; posibles propostas de mellora que se reciban no ámbito do Ministerio de Fomento, así como calqueira outra función de asesoramiento que lle sexa encomendada.
Unha vez concluído, devandito informe será remitido á Cámara Baixa. 

Novas propostas de actuación:


Tras detallar as medidas que se adoptaron ata agora, a ministra anunciou unha serie de propostas en todos os ámbitos do sector ferroviario.


.  En materia de sinalización:


 - Revisar os cadros de velocidades máximas de todas as liñas con análises de escalonamiento de velocidades, determinando os criterios de variación das velocidades máximas.

 - Revisar a señalización en vía das liñas identificadas na análise anterior, que non estean avisadas con outro tipo de sinais, o que se faría con cartelones de anuncio, de cambio de velocidade e de anuncio de inicio desa velocidade.

 - Dotar dunha protección mediante unha secuencia de balizas ASFA nos tramos que exista unha redución apreciable da velocidade máxima, de modo análogo a como se protexen en vía as limitacións temporais de velocidade. 

 - Promover xunto coa industria o maior desenvolvemento do ASFA digital co fin de que conte con maior capacidade de transmisión de información entre a vía e o tren, e permita unha maior versatilidade. Así como a posibilidade de emisión de sinais de voz ademais das acústicas actuais.

 - Analizar as regras de enxeñería dos procedementos técnicos de transición de ERTMS a ASFA.

 - Profundar na posible instalación dun sistema satelital para trens como reforzo aos sistemas de sinalización.

 . En relación cos profesionais:


 - Revisar os requisitos de acceso á profesión de maquinista e valorar a oportunidade de deseñar unha formación académica ad hoc. 


- Revisión do protocolo de recoñecementos médicos psicofísicos, analizando os prazos e os niveis de esixencia.

- Reforzar a análise dos aspectos psicolóxicos da condución (control de estrés, actividade repetitiva, concentración,) para orientar a formación continua destes profesionais. 

 - Protocolizar o procedemento de "toma de servizo" diaria no inicio da actividade que o maquinista debe verificar co centro de xestión. 

 - Valorar a posibilidade de mellorar a grabación da actividade profesional nos trens.

 - Revisar a normativa do uso dos elementos de comunicación (móbiles) do persoal a bordo dos trens. Se implantará un sistema integrado e único de comunicación, onde o maquinista active a comunicación mediante un sistema mans libres. 

. En relación con material móbil:


 - Incrementar os controis dos rexistradores xurídicos (o que se coñece como "caixas negras") realizando análises sistemáticas da información contida para promover medidas de mellora. 


 - Mellorar a ubicación e protección das equipaxes no interior dos vagons. 

. En relación cos viaxeiros: 


- Estender a informatización nos controis de acceso.


 - Asignar billete gratuito aos menores de catro anos. 

 - Promover os sistemas que permitan a identificación dos pasaxeiros.

. En materia organizativa e normativa: 


 - Actualizar o Regulamento Xeral de Circulación e demais normas de desenvolvemento.


 - Aprobar un Real Decreto de asistencia integral ás vítimas de accidentes ferroviarios que incorporará un Plan Nacional que articule todas as actuacións de atención aos afectados. Este Real Decreto conterá a participación desta Cámara na formación da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, fortalecendo a súa composición e capacidades. 


Para a ministra, chegar ao nivel de desenvolvemento que ten o noso sistema ferroviario "foi grazas ás achegas de todas as formacións políticas, de todos os gobernos".


 Por iso, -engadiu - o camiño a partir de agora non o poderemos percorrer "si non é coas propostas de todos".


https://m.youtube.com/watch?v=koxMxEDudDc https://m.youtube.com/watch?v=evTKENJv57g

https://m.youtube.com/watch?v=m-FaW2GoQso

 http://www.antena3.com/noticias/sociedad/fomento-propone-revisar-velocidades-maximas-red-ferroviaria-senalizacion_2013080900002.html 

http://www.crtvg.es/informativos/revisaranse-as-velocidades-maximas-de-todas-as-vias-do-tren-639530 

http://www.crtvg.es/informativos/vinte-medidas-para-mellorar-o-sistema-ferroviario-639529 

http://www.elconfidencial.com/espana/2013-08-09/pp-y-psoe-hacen-pina-para-evitar-su-responsabilidad-en-el-accidente_16737/

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

 Recibirá resposta. Grazas