viernes, 30 de agosto de 2013

Reforzar a protección do medio ambiente e axilizar os procedementos de avaliación ambiental

Hoxe o Consello de Ministros aprobou a remisión ás Cortes do Proxecto de Lei de Avaliación Ambiental, que unifica as leis de avaliación ambiental estratéxica e de avaliación de impacto ambiental.

O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, sinalou que é unha lei "técnicamente máis perfecta e plenamente garantista" e pretende favorecer a unidade de mercado e o labor dos operadores económicos que actúan no territorio español.

Dixo que, co obxectivo de reforzar a protección medioambiental, increméntase a participación de todos os axentes económicos e sociais nos procedementos. Ademais, establécese a avaliación obligatoria dos proxectos consistentes na realización de perforacions para a exploración, investigación e explotación de hidrocarburos que requiran a utilización de técnicas de fracturación hidráulica, o denominado "fracking".

Así mesmo refórzase o nivel de calidade dos documentos ambientais. "Os operadores coñecerán con enorme anticipación cal vai ser o grado de tecnificación que requiren os documentos que teñen que presentar e estes terán carácter homoxéneo en todo o territorio nacional", asegurou Arias Cañete.

O ministro tamén apuntou que a futura lei impulsará o desenvolvemento sostible porque se van a crear preto de 80.000 empregos cun impacto de 1.000 millóns de euros sobre a actividade económica".

Arias Cañete concretou que na actualidade hai case 10.000 expedientes nas distintas administracións públicas pendentes de avaliación ambiental, cuxa tramitación media é de 3,4 anos. Na súa opinión, estes tempos de tramitación son moi longos e "si se axilizarán teriamos un crecemento do emprego e da actividade económica importante".

Por iso a norma axusta os tempos de tramitación a catro meses para a avaliación de impacto de ambiental ordinaria e establécense como potestativos algúns trámites que antes eran obligatorios.

Por outra banda, o proxecto de lei establece un modelo básico de avaliación ambiental para homoxeneizar a normativa nesta materia. O ministro indicou que a norma entrará en vigor na Administración Xeral do Estado "inmediatamente", mentres que as comunidades autónomas terán un prazo dun ano para adoptala.

Sen dúbida é un proxecto de lei de gran importancia e cuxo trámite parlamentario seguirei co maior interese.



Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas.