Hoxe, participei no Congreso na sesión da Deputación Permanente que abordou unha ampla orde do día.
Chegado o momento das votaciones o GPP apoiou dous das dezanove peticións de comparecencia de membros do Goberno solicitadas por distintos grupos da oposición.
Unha delas, do GPS para que o ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, "informe das suas vinculacións con empresas dedicadas á venda de combustible para buques no estreito de Gibraltar".
A outra petición aprobada foi tamén do GPSOE para que a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, informe en sesión extraordinaria sobre a caída dos convenios colectivos e a posta en marcha dun buzón electrónico para denunciar irregularidades laborais.
Ambas comparecencias se sustanciaran o xoves 28 a partir das 12 horas.
Todas as demais peticións, un total de dezasete, foron rexeitadas: a do PSOE para que unha sesión extraordinaria do pleno debatera a creación dunha comisión de investigación sobre o financiamento ilegal do PP; a de Esquerda Plural e do Grupo Mixto para unha nova comparecencia do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, para que aclare nunha sesión extraordinaria o que dixo sobre Luís Bárcenas o pasado día 1 e que quedou "desacreditado" por informacións posteriores. Tamén foron rexeitadas tamén as peticións de comparecencia dos ministros de Exteriores e de Xustiza polo indulto por Marruecos ao pederasta Daniel Galván, e tamén do ministro Margallo polo conflito de Siria.
Así mesmo, rexeitou entre outras a comparecencia da ministra de Sanidade pola cesión a xestión privada de hospitais públicos en Madrid; da titular de Fomento pola imputación de responsables de Adif tralo accidente de tren en Santiago de Compostela; do responsable de Facenda polo incremento da débeda pública e do ministro de Industria pola reforma enerxética.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas