martes, 20 de agosto de 2013

No quinto aniversario do accidente aéreo do voo JK5022 de Spanair


Hoxe cumpriuse o quinto aniversario  do accidente do avión McDonell Daglas DC-9-82 operado por Spanair, o voo JK5022, que ocorreu no aeroporto de Madrid-Barajas. Un accidente no que desgrazadamente perderon a vida 154 persoas e houbo 18 feridos graves.

Ese fatídico día de 2008 eu estaba nesa terminal esperando un voo de regreso a Galicia, logo de asistir a unha reunión da Deputación Permanente do Congreso, así que aínda recordo a columna de fume, as sereas das ambulancias e coches de bombeiros, as inquietantes novas que chegaban polos medios de comunicación e ademais tiven que despegar, sobrevoando o lugar da traxedia, poucas horas despois.

Hoxe na T.2 tivo lugar un acto de homenaxe no que a ministra de Fomento, Ana Pastor, mostrou hoxe o seu apoio ás vítimas e familiares e destacou que a seguridade no transporte é unha prioridade absoluta e, ademais, resaltou o traballo desenvolvido en materia de atención ás vítimas nos últimos meses.

Neste sentido, Ana Pastor, referiuse ao grupo de traballo da Organización de Aviación Civil Internacional (OACI), presidido por España, onde se aprobou o marco xeral da política da OACI sobre asistencia a vítimas de accidentes aéreos e os seus familiares, así como o manual sobre asistencia ás vítimas de accidentes aéreos e as súas familias, e no que participou a Asociación de Afectados do voo JK5022.

Así mesmo, a ministra recordou que o pasado 2 de agosto o Goberno aprobou un Real Decreto, ao que igualmente contribúo a Asociación de Afectados que persegue harmonizar a regulación existente en todo o territorio nacional; mellorar a coordinación entre todos os axentes implicados; e fortalecer os instrumentos de asistencia ás vítimas.

O Real Decreto contempla a figura dunha "persoa de contacto" para que todas as vítimas dun accidente dispoñan dunha atención protocolizada e personalizada. Ademais, Pastor subliñou que nos próximos meses aprobaranse un Protocolo de Coordinación e un Comité Estatal de Apoio ás Vítimas. Para rematar, a ministra sinalouma obrigación das aerolíneas de contar cun plan de asistencia ás vítimas e familiares.

A titular de Fomento referiuse así mesmo, á modificación da actual composición da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (CIAIAC) co fin de incrementar nun o número dos seus vocales e a multidisciplinariedade do pleno de devandita Comisión.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

 Recibirá resposta. Grazas