Fai uns días editaba neste blog unha entrada que anunciaba a inminente publicación no BOE da DIA da A-76.
Hoxe cúmprese o anunciado e en consecuencia o BOE recolle como o Secretario de Estado de Medio Ambiente, á vista da proposta da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, formula declaración de impacto ambiental favorable á realización do estudo informativo Autovía A-76 Ponferrada-Ourense, León, Lugo e Ourense, términos municipais de Ponferrada (León) e outros (Galicia), ao concluírse que a condición de que se autorice na alternativa: Toral dos Vados 0, Biobra 1 (Alternativa 2 mellorada), Rubiá 0, Villamartín 3, Montefurado-Solución 3, Río Soldón 0, Río Lor 2, Brollón 1, Monforte 1 e Ourense 9 (2 4), e nas condicións anteriormente sinaladas, que se deduciron do proceso de avaliación, non producirá impactos adversos significativos.
O que se fai público, de conformidade co artigo 12.3 do texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos, e comunícase á Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento para o seu incorporación ao procedemento de aprobación do proxecto.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas