Un ano mais temos en agosto que adicar un espacio neste blog aos lumes rexistrados na nosa Comunidade, que nestes últimos días afectaron especialmente a concellos ourensáns.
Os lumes de Verín, parroquia de Queirugás, e Monterrei, parroquia de Vilaza, quedaron finalmente extinguidos e, segundo novas estimacións provisionais da Xunta que se confirmarán tralo parametrizado, a superficie afectada é de 75 e 48 hectáreas, respectivamente.
Tamén no concello de Vilamarín, hoxe segue activo un incendio e segundo as estimacións provisionais, que afecta está arredor de 200 hectáreas.
Compre resaltar o esforzo que se está realizando pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que dirixe Rosa Quíntana. E agradecer o traballo de todos os profesionais -municipais, autonómicos e estatais- que integran o operativo conxunto de loita e prevención de incendios forestais.
Grazas ao seu esforzo, segundo informa o Centro de Coordinación Central de Defensa contra Incendios Forestais conséguese que menos de 2 de cada 10 lumes acaden a categoría de incendio, quedando o resto clasificados como conatos, é dicir, de menos de 1 hectárea.
Salientar e agradecer tamén a colaboración cidadá que, cun aumento de chamadas aos números gratuítos do 085 e 112, fan que sexa máis rápido o coñecemento dos focos e, polo tanto, o despregue de dispositivos.
Resaltar que a conselleira, Rosa Quintana pediu colaboración cidadá á hora de denunciar, posto que prender lume está tipificado como delito penado co cárcere. Neste sentido epuxo como exemplo o feito de que onte pola noite, no concello ourensán do Barco de Valdeorras, saltaron máis de 20 focos simultáneos ao longo dunha pista forestal dun quilómetro. Lembrar que no que vai de ano, son 70 as persoas detidas ou imputadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.
E tamén recoñecer o apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente coa actuación dos seus avións anfibios e de carga en terra de 3.100 litros, helicópteros bombardeiros e o traballo en terra das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas