viernes, 27 de septiembre de 2013

Unha excelente nova: a Xunta contara con 2.800 millóns de fondos estruturais para o periodo 2014-2020, un 40 % máis do previsto



Como dicia hoxe Feijoo: ! por fin unha boa nova ! 

Galicia percibirá unha achega de fondos estruturais da Unión Europea de 2.800 millóns de euros para o período 2014-2020, o que supón un incremento do 40% respecto á cantidade prevista. Deste xeito, a Comunidade galega mellorará a súa rede de seguridade, cuantificada inicialmente no 60% dos recursos dos que dispuxo no período 2007-2013 e que quedará situada no 83%.

O Goberno central acaba de comunicar ás comunidades autónomas as achegas que terán de fondos estruturais (Feder e Fondo Social Europeo) para o novo período comunitario 2014-2020. Segundo recolle un informe presentado hoxe ao Consello da Xunta pola conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, no caso de Galicia esta achega alcanza os 2.800 millóns de euros e permitirá un financiamento por habitante de preto de 1.000 euros, triplicando a media do que percibirán as comunidades na mesma situación.

Así, Galicia manterá un nivel de recursos moi superior ao agardado, pese a superar o 75% da renda media das rexións europeas, o que provoca que saia por primeira vez do Obxectivo Converxencia. Isto servirá para que Galicia poida manter o seu esforzo investidor para seguir converxendo coa media das rexións máis desenvolvidas da Unión Europea. Ademais, Galicia mellorará a súa autonomía e xestionará o 45% dos recursos de Feder e Fondo Social Europeo (FSE), catro puntos máis que no actual período.

En concreto, o 27,6% dos recursos que recibirá Galicia serán destinados ao Fondo Social Europeo, e un 55% da dotación terá que destinarse a proxectos de I+D+i, sociedade da información, pemes e economía baixa en carbono. A concentración temática neste último ámbito ascenderá como mínimo a un 6%. Por outra banda, os fondos para cooperación transfronteiriza medran e pasan de 28,9 a 30,4 millóns de euros.

Unha vez garantidos estes fondos, queda agora por saber canto recibirá Galicia por Fondos FEMP e FEADER, que incrementará a achega de recursos comunitarios para a Comunidade galega para os vindeiros sete anos.

Compre recordar que desde a entrada de España na UE e ata a data actual, Galicia terá recibido máis de 20.500 millóns de euros en axudas dos Fondos europeos con finalidade estrutural, dos que 13.715 corresponderon a Programas rexionalizados. A evolución foi crecente, cun lixeiro descenso no último período de programación.

Así qué celebro esta excelente noticia que permitirá avanzar a Galicia.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta. Grazas.