lunes, 9 de septiembre de 2013

Encontro do sector naval a conta do tax lease

Coido interesante destacar a reunión de hoxe do ministro de Industria, José Manuel Soria, coas comunidades autónomas afectadas, os sindicatos e a patronal do sector naval na que se falou da necesidade de pasar páxina en relacion coas devolucións   dos «tax lease», e nas que se presentou un paquete de medidas centradas na facilitación do crédito.


Durante o encontro, no que por parte do Goberno central tamen participaron representantes dos Ministerios de Asuntos Exteriores, Economía e Hacienda, avaliouse tanto o antigo como o novo tax lease e informouse que se interporá o recurso en contra da resolución, tal e como plantexouse desde o primeiro momento. Pola súa banda, dende a secretaría de Estado de Facenda se está a traballar para identificar a contía que teñen que devolver os inversores co menor impacto posible.

En representación da Xunta de Galicia asistiu o Conselleiro, Francisco Conde, que ao remate efectuóu unha valoración moi positiva do encontro e do paquete integral de medidas de apoio ao sector naval que permitirá planificar de cara ao futuro e poñer en valor o sistema de tax lease xa vixente é xerar confianza nos inversores e armadores e, polo tanto, conseguir que os estaleiros poidan contratar buques e dotar de carga de traballo as súas gradas.

 “As medidas contempladas son moi importantes –salientou Conde- tanto no que supón a concreción do esforzo fiscal do novo tax lease, como tamén na maior implicación do ICO, do CESCE, das entidades financeiras e incluso a posible participación do Ministerio de Asuntos Exteriores para reforzar a imaxe de marca do noso sector naval e identificar oportunidades de negocio”.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas.