Esta tarde tivemos Comisión de Fomento do Congreso e a boa noticia é que foi aprobado por unanimidade a creación dunha unha “subcomisión de estudos e análise do sistema ferroviario español” que, durante seis meses prorrogables, encargarase de elaborar un informe sobre a situación das infraestructuras ferroviarias e de facer propostas de mellora para conseguir unha maior seguridade, competitividade, cohesión e vertebración territorial.
A este acordo chegouse por unanimidade despois de que como presidente da Comisión, instara a todos os grupos que presentaran propostas (PP, PSOE e a Esquerda Plural) a buscar o consenso debido á importancia do tema e como mostra de respecto ás vítimas do accidente de Santiago o pasado mes de xullo. Tras oír as intervencións de todos os grupos, intervín e díxenlles que as diferenzas eran "escasas" e pedinlles "darlle unha volta" para ver si era posible aprobar conxuntamente a creación da subcomisión. "Creo que o asunto meréceo, e si analizan desapaisoadamente (as propostas de cada formación) verán que son moitísimas as coincidencias", argumentei.
Finalmente, o texto aprobado conxuntamente por todos os grupos recolle que a subcomisión estará integrada por quince membros -catro do PP, tres do PSOE, dous de CiU, dous da Esquerda Plural, dous do Grupo Mixto, un de UPyD e un do PNV-- e rexerase mediante o sistema de voto ponderado. Trala votación, agradecín o esforzo realizado polos voceiros de todos os grupos e desexei que a subcomisión realice "un gran traballo en beneficio do sistema ferroviario español e de tantas persoas que están sufrindo polo gravísimo accidente" de Angrois.
Resaltar que como dixo o portavoz popular, Andrés Ayala que esta será a primeira subcomisión que se crea no seo da Comisión de Fomento nos últimos quince anos. E fronte ás críticas dos grupos que intentaban crear unha comisión de investigación e non unha subcomisión de estudo, recordou que calquera subcomisión ten como obxectivo último suscitar propostas de mellora "para que no futuro non haxa outro accidente" como o de Santiago.
A proposta de creación de esta subcomisión será agora elevada ao Pleno do Congreso e, trala súa aprobación, poderá ser constituída. Na sua primeira reunión, establecerase o réxime de comparecencias e os criterios para a designación de ponentes.
http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/GenericPopUp?_piref73_2138150_73_2138147_2138147.next_page=/wc/verEmision&video=mms://congresodiferido.congreso.es//leg10//10_000327_023/10_000327_023.wsx&canal=2&nombreOrgano=Comisión de Fomento&fechaSeleccionada=18 de Septiembre de 2013&directo=no&idOrgano=327&idSesion=23
http://noticias.lainformacion.com/catastrofes-y-accidentes/accidentes-ferroviarios/el-congreso-aprueba-por-unanimidad-crear-una-subcomision-para-analizar-la-situacion-del-sistema-ferroviario_iMNC7VDNGHHZY804J8YFI1/
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.