sábado, 21 de septiembre de 2013

Na Convención de Cargos Públicos do PPOU

Participei esta mañá na III Convención de Cargos Públicos do PPOU, que tivo lugar nos Milagros, cita tradicional dos populares ourensáns.

Deu a benvida benvida o alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, aos varios centos de asistentes (cargos públicos, militantes, afiliados e simpatizantes).

Interviron logo, José Luis Ferro, alcalde de Celanova; Gabriel Alén, alcalde de Cenlle; Luz Doporto, voceira de Allariz; Plácido Álvarez, portavoz do PP na Deputación de Ourense e alcalde de Muiños; e Cristina Romero, deputada autonómica e voceira do PPPOU.

Tralos relatorios, o presidente provincial, Manuel Baltar, recalcou que a convención desta mañá foi, sen dúbida, a cita política por excelencia da provincia e de todas as forzas políticas. 

Lembrou que o PPOU sigue mellorando resultados comicio tras comicio e que se conquire "porque o PP de Ourense conta cos mellores equipos, eses que saben que hai que estar coa xente para escoitar e das respostas. Son os alcaldes e alcaldesas, así como os voceiros, os principais activos".

"A política non se vai de vacacións, e o PP traballa día a día, organizando o partido a nivel provincial, con diversos congresos locais. Outros partidos están a outras cousas. Hai que extremar a cercanía, falar está ben, pero escoitar é moito mellor", sinalou Manuel Baltar. 

Tamén amosou o agradecemento a todos os homes e mulleres que traballan día a día, orgullosos de pertencer ao PP nestes tempos difíciles. "Hai que ter ideas e poñelas en práctica: programas electorais e feitos. E tamén que a época de crise é o gran momento da política en maiúsculas, con sentido común e realismo".

Aínda que o momento economico actual é difícil, recoñeceu Manuel Baltar os esforzos do Goberno de Rajoy en Madrid e do Goberno Autonómico, así como o traballo diario máis en clave provincial, dos alcaldes e dos membros do goberno provincial.

Queremos unha Galicia vencellada á terra, que non sexa limitadora nen intransixente. Concluiu Manuel Baltar dicindo que "Hoxe, reafirmamonos no noso compromiso con Ourense e con Galicia".

Pechou a Convención o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, transmitindo a mensaxe principal do partido : "Imos traballar por e para os cidadáns", en consecuencia á confianza depositada no PP. "Non podemos defraudar, demos ser dignos desa confianza e estar á altura das circunstancias". "Respetaremos as ilusións e as esperanzas da xente, pero sen mentiras: contando a verdade de cómo imos reverter o difícil momento económico no que nos atopamos". 

Por eso, pediu a todos os cargos populares que sigan por esta senda, dando como clave a cooperación e facer máis con menos, unha mensaxe de responsabilidade que Feijoo suscribe plenamente. Non hai que aproveitar a zozobra do país para facer desunión, senón todo o contrario: "Na unión, serenidade e colaboración están os pilares deste curso político", recalcou Feijoo. "Imos seguir traballando, e nos momentos de dificultade se ve a grandeza dos pobos e das organizacións políticas". Tamén lembrou as vítimas do accidente ferroviario e dixo que os galegos non só amosaron a súa grandeza ante esta inmensa desgracia. 

"Estamos obsesionados con combatir os problemas da xente, principalmente o paro, que é o que máis preocupa á xente. Combatimos as dificultades axidando, no momento peor, a quen peor o está pasando. Temos que combatir as dificultades gastando menos en nós mesmos, a nós nos toca pagar o quedeixaron a deber outros, a pesares de que Galicia é a segunda comunidade autónoma na que menos medrou a débeda pública nos últimos cinco anos", dixo o presidente dos populares galegos.

 Abogou tamén polas ideas, para incentivar a recuperación económica, polo que animou a mimar e potenciar a todo aquel que aposte polas ideas que revortan na mellora do benestar dos galegos. E non esqueceu a necesidade de combatir aos que atentan contra o noso patrimonio natural, cunha encendida defensa dos montes e da persecución implacable dos incendiarios.

http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-defende-a-legalidade-da-politica-lingueistica-da-xunta-666842

 Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta. Grazas.