Esta maña participei en Expourense na clausura da Feira Internacional de Turismo Termal, Talasoterapia e Spa ‘Termatalia".
Presidiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad que anunciou que o departamento que dirixe está a realizar as xestións oportunas e vén de presentar ante o Ministerio de Educación unha proposta para a creación de ensinanzas específicas de FP no campo do hidrotermalismo e a balneoterapia, coa que dar resposta ás demandas de persoal cualificado que require o sector. “Un paso máis na forte aposta do goberno da Xunta polo desenvolvemento da FP, no que destacan novas vías como a formación profesional básica ou a dual ou o recoñecemento das competencias”.
Neste acto salientou o traballo constante e serio dos empresarios ourensáns. “Termatalia, que hoxe clausuramos, ten moito que ver nisto, ao irse convertendo ao longo dos anos nunha ponte de unión termal entre Europa e América Latina, así como en foro internacional onde se presentan as últimas novidades do sector”.
http://www.crtvg.es/informativos/termalia-a-feira-do-turismo-de-saude-remata-en-ourense-666981
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.