martes, 3 de septiembre de 2013

O paro rexistrado diminuíu en agosto por primeira vez desde o ano 2000 en no caso de Galicia desde 1998

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2013.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro registrado en agosto en relación co mes anterior en 469 persoas, un descenso do - 1,65 %.

O numero de parados queda en 27.970, deles 13.380 son homes e 14.590 mulleres, 26.179 son maiores de 25 anos e 1.791 menores.

Por sectores, 1.073 son da agricultura, 4.272 da industria, 4.207 da construción, 16.006 nos servicios e 2.413 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual o paro rexistrado medrou en Ourense en 49  persoas, un 0,18 %, que é inferior ao nacional do 1,58 %

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en 3.578 persoas con respecto a xullo (un – 1,37 %). O numero de parados queda en 257.524, deles 124.741 son homes e 132.783 mulleres, 241.908 son maiores de 25 anos e 15.616 menores.

Por sectores, 7.981 son da agricultura, 37.246 da industria, 40.113 da construción, 150.479 nos servicios e 21.705 do colectivo sen emprego anterior.

Constatar que é o mellor mes de agosto en España desde o ano 2000, e no caso de  Galicia desde o ano 1998, e que nos últimos 12 meses, o paro en España creceu un 1,58%. En Galicia, o incremento é do 0,10%. Salientar que Galicia reduciu o paro en 35.299 persoas no últimos seis meses.

 España:

O paro baixou en agosto en 31  persoas, un 0,00 %. Queda situado en 4.698.783 persoas. Deles 2.288.893  son homes e 2.409.890 son mulleres. 4.292.420 son maiores de 25 anos e 406.363 menores.

Por sectores, 195.304 son da agricultura, 519.271 da industria, 685.480 da construción, 2.929.677 nos servicios e 369.051 do colectivo sen emprego anterior.

Convén resaltar que o número de parados no mes de agosto de 2013 diminuíu por primeira vez desde o ano 2000;  de feito, a variación do desemprego nun mes de agosto en toda a serie histórica, desde 1996, mostra unha subida media do desemprego de 27.439 persoas.

En términos desestacionalizados, o desemprego situouse en 4.870.215, o que supón 13.700 parados menos que o valor desestacionalizado do paro rexistrado en xullo.

O paro rexistrado descende por sexto mes consecutivo. Trátase da primeira vez que isto sucede desde 2006, ano no que o PIB crecía ao 4,1%. De feito, nos últimos seis meses a caída do desemprego foi de máis de 340.000 persoas. 

En términos acumulados, nos primeiros oito meses de 2013, o paro diminuíu en 149.940, o mellor dato rexistrado neste periodo desde o ano 1999.

Así mesmo, a taxa de variación interanual segue decrecendo de xeito significativo. Desde agosto de 2012 reduciuse en máis de 10 puntos, e xa se sitúa no 1,58%. É o seu valor máis baixo desde o mes de xullo de 2007.

Mantense con vigor a tendencia de freo no ritmo de crecemento do paro rexistrado. O aumento nos últimos 12 meses é de 73.149 persoas, cando en agosto do ano pasado este aumento interanual era de case medio millón (494.707).

Constatar que o paro rexistrado entre os mozos menores de 25 anos diminuíu nos últimos 12 meses en 29.957 persoas, o que supón un 6,9% de caída interanual.

O paro rexistrado descende en agosto en oito comunidades autónomas, e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Destacan en términos relativos os descensos en Canarias (-1,48%), Cantabria (-1,41%) e Galicia (-1,37%), e en términos absolutos Andalucía (-4.674), Canarias (-4.294) e Galicia (-3.578). Aumenta nas comunidades restantes, principalmente na Comunidade Valenciana (4.902) e en Murcia (2.692).


Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.