Quero destacar nesta entrada que o pasado Consello de Ministros aprobou a remisión ás Cortes Xerais do Proxecto de Lei que regula o factor de sostibilidade e o índice de revalorización das pensións.
O texto ten como obxectivo garantir a medio e longo prazo un sistema de pensións público, equitativo, de reparto, e sostible no tempo.
O Goberno debateu ampliamente con axentes sociais este texto e, no seu trámite parlamentario, buscará tamén o máximo consenso posible coas demais formacións políticas.
O proxecto introduce un indicador obxectivo e previsible, Índice de Revalorización das Pensións, que terá en conta a saúde do sistema de pensións á hora de revalorizalas e non outras variables arbitrarias.
Todo iso en cumprimento da Recomendación Segunda do Pacto de Toledo que solicita estudar a posibilidade de utilizar outros índices de revalorización baseados, entre outros, no crecemento dos salarios, a evolución da economía ou o comportamento das cotizacións.
O novo índice, que se aplicará a partir de 2014, permite a actualización obxectiva e fiable das pensións tendo en conta os déficits estructurais, permitindo corrixilos e dando garantía de continuidade ao Sistema.
Desta forma, o propio Sistema se autofinancia. As pensións nunca baixarán con este sistema nin se conxelarán (como si fixo o PSOE). Establécense un teito máximo e un chan mínimo, de tal xeito que ningún pensionista presente ou futuro vexa mermada a súa pensión pola aplicación deste índice e teña sempre un incremento, independentemente da situación económica.
Este novo mecanismo para actualizar as pensións protéxeas fronte á conxelación.
Así, haberá un incremento mínimo do 0,25 por 100, ata en momentos de recesión económica e unha máxima igual á variación anual do IPC máis 0,25 por 100. Isto permitirá dar confianza, certidume e tranquilidade aos pensionistas, e evita adoptar medidas drásticas nos ciclos baixos.
Valoremos o dato de que a principios do pasado século apenas tres de cada dez cumpría os 65. Hoxe prácticamente fano nove de cada dez.
Recordemos tamén que o noso modelo de pensións está baseado nun sistema público que segundo o último dato de agosto revela que son 9.087.402 os pensionistas contributivos.
E que se prevé que o número de pensionistas alcance os 15 millóns en 2050. Polo tanto si sae adiante esta reforma, o sistema público gañará en sostibilidade e quedará resgardado dos riscos demográficos e económicos.
En definitiva será a garantía de pago das pensións hoxe e mañá.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es O texto ten como obxectivo garantir a medio e longo prazo un sistema de pensións público, equitativo, de reparto, e sostible no tempo.
O Goberno debateu ampliamente con axentes sociais este texto e, no seu trámite parlamentario, buscará tamén o máximo consenso posible coas demais formacións políticas.
O proxecto introduce un indicador obxectivo e previsible, Índice de Revalorización das Pensións, que terá en conta a saúde do sistema de pensións á hora de revalorizalas e non outras variables arbitrarias.
Todo iso en cumprimento da Recomendación Segunda do Pacto de Toledo que solicita estudar a posibilidade de utilizar outros índices de revalorización baseados, entre outros, no crecemento dos salarios, a evolución da economía ou o comportamento das cotizacións.
O novo índice, que se aplicará a partir de 2014, permite a actualización obxectiva e fiable das pensións tendo en conta os déficits estructurais, permitindo corrixilos e dando garantía de continuidade ao Sistema.
Desta forma, o propio Sistema se autofinancia. As pensións nunca baixarán con este sistema nin se conxelarán (como si fixo o PSOE). Establécense un teito máximo e un chan mínimo, de tal xeito que ningún pensionista presente ou futuro vexa mermada a súa pensión pola aplicación deste índice e teña sempre un incremento, independentemente da situación económica.
Este novo mecanismo para actualizar as pensións protéxeas fronte á conxelación.
Así, haberá un incremento mínimo do 0,25 por 100, ata en momentos de recesión económica e unha máxima igual á variación anual do IPC máis 0,25 por 100. Isto permitirá dar confianza, certidume e tranquilidade aos pensionistas, e evita adoptar medidas drásticas nos ciclos baixos.
Valoremos o dato de que a principios do pasado século apenas tres de cada dez cumpría os 65. Hoxe prácticamente fano nove de cada dez.
Recordemos tamén que o noso modelo de pensións está baseado nun sistema público que segundo o último dato de agosto revela que son 9.087.402 os pensionistas contributivos.
E que se prevé que o número de pensionistas alcance os 15 millóns en 2050. Polo tanto si sae adiante esta reforma, o sistema público gañará en sostibilidade e quedará resgardado dos riscos demográficos e económicos.
En definitiva será a garantía de pago das pensións hoxe e mañá.
Recibirá resposta. Grazas.