Salientar a compacencia de onte de Rosa Quintana, conselleira do Medio Rural e do Mar, no Parlamento de Galicia para informar da avaliación da evolución dos incendios forestais acaecidos na nosa Comunidade no mes de agosto.
Fixo referencia aos datos do que vai de ano. Neste sentido, Rosa Quintana sinalou que no pasado mes de agosto houbo 36 lumes no concello das Neves, 16 en Cualedro e Ribeira, 15 en Dozón e 14 en Vilamarín. “As posibilidades de casualidade son tiradas por terra cando se ven exemplos de casos de posible orixe provocada, coma o acontecido o pasado 18 de agosto no incendio do Barco de Valdeorras, onde se rexistraron 20 focos simultáneos ao longo dun quilómetro de estrada”, sentenciou.
Na súa comparecencia, a conselleira explicou que resulta cando menos chamativo que a partir do ocaso –cando os medios aéreos non poden traballar– se rexistre un elevado número de lumes. Isto, sumado aos lumes prendidos en días de forte vento a favor dos núcleos de poboación, evidencian o carácter homicida de quen prende. Relatou que, no que vai de ano, se rexistraron un total de 2.599 lumes forestais, dos cales máis do 77% quedaron na categoría de conatos (menos de unha hectárea de superficie).
A superficie afectada foi de máis de 10.780 hectáreas, das cales 5.058 correspóndense a monte arborado e 5.723 a raso. No que atinxe ao mes de agosto, Rosa Quintana sinalou que houbo un total de 1.161 lumes, dos cales preto do 76% quedaron en conatos, afectando a unha superficie total de 7.603 hectáreas.
Estas cifras ao seu xuizo amosan a eficacia e eficiencia do dispositivo de loita contra os lumes forestais, onde Rosa Quintana agradeceu o traballo e esforzo de todos, tanto medios autonómicos coma municipais e estatais. Un traballo que consegue que a maioría dos lumes se apaguen no mesmo día. Así mesmo, a titular do departamento que loita contra os lumes agradeceu o comportamento e colaboración da cidadanía, tanto dos que colaboran na propia extinción dos lumes coma os que alertan a través do teléfono gratuíto 085.
Así, Rosa Quintana fixo un chamamento á cidadanía para que sigan colaborando na detección dos lumes, illando socialmente aos incendiarios e denunciándoos ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A conselleira tamén avanzou na Cámara que o seu departamento está a traballar no deseño e posta en marcha do Plan de Valorización do Monte Galego.
Este Plan pretende activar todas as potencialidades do noso monte, desenvolvendo unha estrutura laboral e económica, co obxectivo de reducir a praga que afecta ano tras ano ao noso país. Rosa Quintana sinalou que o global deste Plan ascenderá inicialmente a 32,8 millóns de euros, podendo chegar ata os 37,7 millóns de euros logo de incorporar fondos europeos. Así mesmo, explicou que se desenvolverán actuacións en máis de 150 zonas e 4.600 hectáreas de monte de Galicia, ligadas ás comunidades veciñais e á poboación do rural e xerarán -de forma directa- máis de 38.500 xornais de traballo,
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es Recibirá resposta. Grazas.