Salientar que hoxe o Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Fomento a elevación de teitos de gasto para os próximos anos no programa de conservación e explotación de estradas do Estado, coa finalidade de atender as necesidades previstas pola Dirección Xeral de Estradas para actuacións de conservación, mantemento e rehabilitación do patrimonio vial.
Esta medida permitirá, por iso, a tramitación de expedientes para asegurar actuacións da rede de estradas, tales como:
. Licitación de novos contratos de servizos para a realización de diversas operacións de conservación e explotación de estradas (tamén denominados contratos de conservación integral), así como a tramitación de prórrogas de contratos vixentes.
. Licitación de contratos de obra para rehabilitación de pavimentos, ou contratos de servizos para inspeccións de túneis, control e vixilancia de obras, etcétera.
. Actualización das anualidades dos contratos de concesión de autovías de primeira xeración en función da inflación prevista no periodo dos contratos.
Lembrar que con cargo ao programa orzamentario de conservación e explotación aténdense, na rede de estradas do Estado non concesionada como autopista de peaxe, entre outras, os seguintes labores:
. Mantemento da vialidade en condicións adecuadas: Inclúe os labores de vialidade invernal (estendido preventivo de fundentes; quitaneves), control de túneis, comunicacións e as actuacións de urxencia (ante accidentes de tráfico, por exemplo).
. Conservación ordinaria: Destinada a asegurar o servizo da estrada nas condicións de deseño mediante accións, generalmente programadas, que hai que desenvolver de xeito rutineiro ou con certa regularidade, como pode ser a sega e poda da vexetación que crece nas marxes da estrada, a limpeza de obras de drenaxe, etcétera.
. Conservación extraordinaria: Inclúe as tarefas cuxa misión é recuperar as características que se ven deterioradas co paso do tempo, mediante accións como a rehabilitación de pavimentos e estruturas, a reposición de elementos danados ou obsoletos, etcétera.
. Xestión do uso e defensa das estradas, para controlar e xestionar a zona de dominio público e as súas servidumes.
. Actuacións de mellora da infraestructura existente, incluíndo as relacionadas coa seguridade vial.
Sen dúbida unha boa noticia, pois a nosa rede nacional de estradas precisa dun axeitado mantemento e dunha boa conservación.