Chego agora a casa logo de asistir na parroquia de Santo Domingo ao funeral do meu amigo Antonio Tabarés Lezcano, que faleceu onte en Ourense, logo de tres meses de dura pelexa contra o cancro.
Coñecín a Antonio na década dos 80, a raíz de comezar a traballar na Cámara de Comercio e Industria de Ourense.
Antonio ademais de emprendedor e xestor de empresas, foi xerente do INORDE e desde ese organismo de desenvolvemento económico provincial axudou a que fructificarán moitas iniciativas e unha delas o foi proxecto do recinto ferial de Ourense.
Esta foto que acompaño foi publicada pola Voz de Galicia o 15 de xaneiro de 1993, é dicir fai máis de vinte anos. Trátase da primeira reunión do Comité Executivo da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense que naquelas datas tiña como gran obxectivo a construción do recinto ferial de Ourense.
Na instantánea vese como Antonio Tabarés, en representación do INORDE expón ante os asistentes. Á súa dereita Manuel Martínez Rapela, presidente da CEO e escoitando, Manuel Veiga Pombo, alcalde de Ourense e Jorge Bermello Fernández, presidente da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense. Tamén está Angel Fernández Otero, vocal da Cámara e eu mesmo, que facías as veces de secretario da Fundación.

Xogou un papel decisivo á fronte do Parque Tecnolóxico de Galicia, nunhas épocas nas que poucos apostaban en Ourense por esta tecnopole.
Son testemuña do seu dinamismo, da súa bonhomía e da entrega incondicional ao progreso de Ourense. Un referente profesional e social.
Recorrín en moitas ocasións ao seu consello pois o daba con total franqueza e sempre con fundamento.
Perdemos a un gran ourensán e recordarémoslle sempre.
O meu máis sentido pésame a sua viuva, Fernanda, ás súas fillas, e a toda a sua familia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta