sábado, 26 de octubre de 2013

Coa Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE).

Hoxe asistín á comida de confraternidade da  Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE).

Unha asociación nada en 1977 e que preside desde fai moitos anos, Manuel Álvarez Gil. 

ATAVE ocúpase das relacións coas diferentes Administracións Públicas, centrais sindicais, peritos tasadores de automóbiles, compañías de seguros, etc. para a defensa dos intereses comúns dos seus asociados.

Tamén procura a formación continua e a reciclaxe empresarial dos profesionais do sector, para que poidan afrontar con eficacia a constante innovación tecnolóxica que se produce no sector do automóbil.

Convén destacar o servizo técnico dirixido aos seus asociados polo Centro de Diagnose que ten como misión resolverlles todas as posibles dúbidas que se lle susciten no momento dunha reparación.

E sen dúbida debo destacar o seu Centro de Formación, no Cumial no que se imparten os cursos de Responsable Técnico de Taller, así como cursos de formación ocupacional dirixidos a mozos desempregados , e que tamén serve de Centro de Reciclaxe onde se poden reconverter e actualizar todos os traballadores e empresarios integrados en ATAVE.

Un ano máis debo felicitar a esta exemplar asociación provincial que agrupa a empresas do sector do mantemento e a reparación do automóbil, nas súas especialidades de mecánica, electricidade, carrocería, pintura, vehículo industrial, motocicletas, etc.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
 Recibirá resposta