jueves, 31 de octubre de 2013

Sobre a rehabilitación superficial do firme na Ponte Nova en Ourense



Constatar unha boa nova: o Ministerio de Fomento executa desde o martes 29, en horario nocturno, uns traballos de rehabilitación superficial do firme na ponte Nova da cidade de Ourense, situado na estrada N-120 do P.K. 569,225 ao 569,637.

Son unhas obras de rehabilitación do pavimento moi necesarias, xa que se atopaba deteriorado o firme desta ponte sobre o río Miño que é fundamental para a circulación viaria na nosa Cidade.

Afectan a todo o ancho da calzada e a toda a lonxitude da ponte ata as glorietas extremas adxacentes, e realízanse as seguintes operacións:

. Fresado do pavimento existente, varrido da superficie e carga do material en camión para o seu posterior transporte a un vertedoiro autorizado.
. Limpeza dos elementos de drenaxe da ponte.
. Aplicación dunha rega de betún de adherencia para recibir a nova capa de pavimento.
. Estendido e compactado dunha capa de rodaxe de microaglomerado en quente nunha superficie de 3.296 m2.
. Pintado de marcas viarias.
As obras acadan un investimento de 99.760,00  e previsiblemente conclúen hoxe.

Remato cun apunte histórico, a construción desta ponte de estilo modernista – de  seis arcos de pedra e un tramo central de ferro - foi aprobada por real orde de 22 de Febreiro de 1.909. A contratación das obras produciuse por poxa en abril de 1.910 e o prezo final ascendeu á suma de 1.556.297 pesetas ( 9.353 €). Foi inaugurada o 20 de xuño de 1918. Pronto será centenaria, así que procede coidala.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta