Quince deputados, (4 do PP, 3 do PSOE, 2 de CIU, 2 da Esquerda Plural, 1 de UPyD, 1 do PNV e 2 do Grupo Parlamentario Mixto) integran desde hoxe a Subcomisión de estudos e análise do sistema ferroviario español, que se constituíu oficialmente co fin de elaborar un informe sobre a situación das infraestruturas ferroviarias e para elaborar propostas en aras a conseguir maior seguridade, competitividade, cohesión e vertebración territorial.
A subcomisión estará coordinada polo deputado galego Celso Delgado, presidente á súa vez da Comisión de Fomento do Congreso na que se aprobou a creación de dita subcomisión, e formarán parte dela tamén os populares Andrés Ayala, Guillermo Collarte e Concepción Santa Ana; os socialistas Manuel Pezzi, Laura Seara e Rafael Simancas; Jordi Jané e Pere Macias por CIU; Ascensión de las Heras e Gaspar Llamazares por Esquerda Plural; Carlos Martínez Gorriarán por UPyD; Isabel Sánchez polo PNV e Joan Baldoví e Rosana Pérez polo Grupo Mixto.
A subcomisión ten un prazo de seis meses, prorrogables, para facer o seu traballo e rexerase mediante o sistema de voto ponderado.
Hoxe tamén acordouse que a próxima sesión teña lugar o 13 de novembro e nela cada grupo presentará as súas propostas de comparecentes.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta