O Servizo Público de
Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes
ao mes de setembro de 2013.
Son os seguintes:
Ourense:
Medra o paro
registrado en setembro en relación co mes anterior en 174 persoas, un 0,62 %.
O numero de parados
queda en 28.174, deles 13.213 son homes e 14.931 mulleres, 26.301 son maiores
de 25 anos e 1.843 menores.
Por sectores, 1.025
son da agricultura, 4.204 da industria, 4.063 da construción, 16.399 nos
servizos e 2.453 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de
Galicia medrou en 3.209 persoas con respecto a agosto (un 1,25 %). O numero de
parados queda en 260.733, deles 124.779 son homes e 135.954 mulleres, 244.735 son
maiores de 25 anos e 15.998 menores.
Por sectores, 7.596
son da agricultura, 36.919 da industria, 39.138 da construción, 155.425 nos
servicios e 21.655 do colectivo sen emprego anterior.
Non se pode facer unha
valoración positiva desta subida do paro, pero debemos ter en conta que
setembro é un mes onde tradicionalmente se producen aumentos do desemprego en
Galicia e o aumento rexistrado este ano, xunto co de 2012, son os máis baixos
rexistrados desde 2008. O aumento vincúlase totalmente ao sector servizos (
máis de 4.946 persoas), xa que no resto de sectores o desemprego baixa.
En canto á evolución
interanual, é a mellor dun mes de setembro desde 2007. A evolución interanual
de Galicia no mes de setembro é do 0,52% (máis de 1.360 persoas).
Nos últimos seis meses, o paro
rexistrado baixou en 30.454 persoas. Se tomamos como referencia a evolución do
que vai do 2013, o descenso acumulado é de 18.054 persoas.
España:
O paro medou en
setembro en 25.572 persoas, un 0,54 %. Queda situado en 4.724.355
persoas. Deles 2.287.603 son homes e 2.436.752 son mulleres. 4.289.402 son
maiores de 25 anos e 434.953 menores.
Por sectores, 181.076
son da agricultura, 512.299 da industria, 668.687 da construción, 2.981.662 nos
servicios e 380.631 do colectivo sen emprego anterior.
Ainda que o dato é negativo, estamos diante do mellor
comportamento do paro rexistrado nun mes de setembro desde o ano 2007 e mellora
en 10.000 persoas a variación media dos meses de setembro de toda a serie
histórica. En setembro de 2012 o desemprego subiu en 79.645 parados en relación
co mes anterior.
No que
levamos de ano, o paro rexistrado caeu en 124.368 persoas, o que supón o maior
descenso acumulado desde o ano 2006. Así, a taxa de variación interanual
reduciuse en case 11 puntos desde setembro de 2012 e xa se sitúa no 0,41%, o
seu valor máis baixo desde o mes de xuño de 2007.
Entre
os menores de 25 anos o paro diminúe nos últimos 12 meses en 31.830 persoas, o
que supón un descenso do 6,9%.
Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.