lunes, 7 de octubre de 2013

Entrevista en Telemiño

Esta mañá despraceime a San Cibrao dás Viñas, onde se atopan os estudos de Telemiño, a televisión do grupo “La Región”

Alí o xornalista Quique Rodríguez entrevistoume sobre cuestións relacionadas co proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2014 e a sua repercusión na provincia de Ourense.

Así que falamos de investimentos en infraestructuras ferroviarias, viarias, de medio ambiente, do arquivo e da biblioteca pública e por suposto tamén da situación económica que vive España e da súa afectación a cidadáns e pensionistas.

Parece ser que esta entrevista será emitida por Telemiño, mañá martes 8 de outubro, en diferentes horarios.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.