Esta mañá, desde as 8,35 horas, tivemos en Radio Voz o habitual faladoiro
de Radio Voz que conduce Antía Díaz Leal.
Os tres parlamentarios nacionais, Olaia Fernández, Laura Seara e quen escribe
pronunciamonos sobre tres temas de actualidade.
En primeiro lugar sobre a alerta dalgúns países en reación coas actividades de espionaxe
de comunicacións privadas pola axencia de Seguridade Nacional norteamericana e
a súa repercusión en España.
Respecto diso dixen que era
inquietante e que era necesario pedir explicacións para restablecer a confianza
co noso aliado pois en aras da seguridade non se poden conculcar os dereitos e
liberdades dos cidadáns. Considerei pertinente a chamada o pasado luns a
consultas do embaixador dos Estados Unidos e valorei como moi oportuna a futura
comparecencia do director do CNI na Comisión de Segredos Oficiais do Congreso
dos Deputados.
En segundo lugar a moderadora quixo unha valoración sobre un estudo da
Organización Mundial da Saúde que relaciona a saúde pública coa crise
económica. Nese estudo advírtese que as taxas de desemprego, especialmente o
xuvenil, en países como España desencadean riscos para a saúde, e fai
recomendacións de políticas para combatelo. Ao meu entender, constata un feito
coñecido que é o nocivo efecto que a falta de ocupación produce nas persoas.
Aproveitei para resaltar que o goberno do PP estase enfrontando ao
problema e que a taxa de paro xuvenil do 54,47 % do noso País é inaceptable.
Recordei que España experimentou no que vai de ano, segundo Eurostat, a maior
redución de desemprego entre menores de 25 anos de todos os países da UE, en
datos desestacionalizados. En concreto, neste período rexistrouse un descenso
de 96.000 desempregados mozos, case a metade do computado no conxunto da Unión
Europea (232.000).
Nesta liña enmárcase a Estratexia de Emprendimiento e Emprego Novo que
desde a súa entrada en vigor en febreiro de 2012 facilitou a case 100.000
mozos, concretamente 96.000, máis de 450 cada día, atopar unha oportunidade
laboral. Así, máis de 63.000 mozos constituíronse como autónomos grazas á
tarifa plana aprobada na estratexia, e máis de 32.000 atoparon un emprego por
conta allea .
E recordei que grazas ao impulso de Rajoy, a Unión Europea aprobou en
xuño un paquete para estimular o crecemento e o emprego polo que se incrementan
os recursos para programas de apoio ao emprego xuvenil, que está dotada con
6.000 millóns de euros; e tamén que esta Iniciativa de Emprego Novo estará
operativa en xaneiro de 2014 e a España corresponderanlle 1.800 millóns de
euros.
Finalmente abordamos a cuestión do copagamento de medicamentos de dispensación
hospitalaria. Dixen que datos coñecidos onte pon de relevo que O Sistema
Nacional de Saúde (SNS) rexistrou un aforro no gasto farmacéutico de 2.472
millóns de euros nos últimos 15 meses, desde que se puxo en marcha o novo
sistema de participación do usuario en farmacia, en xullo de 2012.
Dixen que a nosa preocupación é e será garantir a todos os españois unha
sanidade pública e de calidade, e que iso require que sexa economicamente
sostible.
Recordei que cando o PP chega ao exectutivo atopouse en decembro de 2011
cun sistema en quebra, 16.000 millóns de euros de débeda E que o que fixo este
Goberno, foi tomar medidas para reconducir e volver facer sostible o Sistema
Nacional de Saúde.
E así destinou 12.100 millóns de euros, o 73 % do Plan de pago a provedores,
a pagar as débedas das comunidades autónomas en materia sanitaria e de servizos
sociais.
Contradicindo aos miñas colegas dixen que os tratamentos que se aplican nos
hospitais, son gratuítos, e ningún paciente paga absolutamente nada nos tratamentos
que recibe no hospital. Engadín que a achega aos medicamentos dispensados
ambulatoriamente nas oficinas de farmacia hospitalarias, e nas de rúa tamén,
está regulada desde o ano 2012 e faise de acordo coa renda e cun tope de 8
euros para as persoas maiores.
Que ademáis, está fixado un tope para que se retire onde se retire a medicación teña un tope máximo de 4 euros cando o medicamento é caro. Insistín que para as persoas o réxime de achega segue sendo exactamente o mesmo que aprobamos, como non pode ser doutro xeito, por lei nas Cortes e ningún pensionista vai ter que achegar máis que esa cantidade tope.
Que ademáis, está fixado un tope para que se retire onde se retire a medicación teña un tope máximo de 4 euros cando o medicamento é caro. Insistín que para as persoas o réxime de achega segue sendo exactamente o mesmo que aprobamos, como non pode ser doutro xeito, por lei nas Cortes e ningún pensionista vai ter que achegar máis que esa cantidade tope.
E que por primeira vez aos parados de longa duración non pagan polos seus
medicamentos cando antes tiñan que achegar o 40 %.
Uns aforros que se están realizando en todas as Comunidades Autónomas e que
permiten como na o caso de Galicia, construír hospitais, centros de saúde,
equipalos con nova tecnoloxía ou introducir novos medicamentos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta