viernes, 11 de octubre de 2013

Reparación de pavimentos nas estradas nacionais de Ourense

Esta mañá o Ministerio de Fomento difundiu a contratación das obras de reparación de pavimentos en estradas da provincia de Ourense por un importe de 1,58 millóns de euros.

As obras a realizar consisten na retirada e reposición do pavimento nos tramos de estradas con zonas deterioradas. Para iso procederase ao fresado da capa de rodadura e a sua posterior reposición utilizando regos de adherencia e capas de mesturas bituminosas colocadas en quente. Ademais, realizaranse labores de pintado de marcas viais, tanto provisionais durante as obras, como definitivas unha vez finalicen os labores de pavimentación. Así mesmo realizaranse as actuacións necesarias en materia de seguridade e saúde.

Actuarase nas seguintes zonas:

. A-52 Autovía das Rias Baixas: Repararanse os firmes situados en diferentes tramos entre o P.K. 112 (límite provincial con Zamora) e o P.K. 139 (río Mente). Tamén se actuará en tres tramos co pavimento deteriorado da calzada sentido Vigo (P.K. 187 a 200, 207 a 211 e 232 a 234) e dous tramos da calzada sentido Madrid (P.K. 232 a 234 e 202 a 207). As tarefas de sinalización de obras na A-52 comezarán xa.

. Estrada N-120 de Logroño a Vigo: Actuarase en tramos entre o P.K. 441 (alto de Biobra) e o 445 (A Veiga de Cascallá), no término municipal de Rubiá, e entre o P.K. 467 e o 469 no término municipal da Rúa.

. Estrada N-525 de Benavente a Santiago: Repararase o pavimento en tramos situados entre o P.K. 226 e o 229, nos términos municipais de Taboadela e San Cibrao dás Viñas.

. Estrada N-536 de Ponferrada a O Barco de Valdeorras: Actuarase no tramo entre Candís e Sobradelo, nos términos municipais de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.

Celebro moitisimo este anuncio que permitirá comezar en datas próximas unhas obras de extraordinaria necesidade para garantir a Seguridade na circulación nas estradas nacionais da nosa provincia.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta