Hoxe no programa matinal da Radio Galega "Almorzos de Galicia por diante", fun entrevistado por Kiko Novoa sobre asuntos de actualidade galega e nacional.
Preguntoume sobre a figura de Rogelio Martínez, delegado da Xunta en Ourense, tralo auto de procesamento polo caso das subvencións europeas.
Un auto no que non se lle atribúe ningún delito ao delegado e no que se deixa aberta a porta á presentación de recurso de apelación e reforma así como se convida ás acusacións a que determinen os posibles delitos que lles atribúen ao delegado da Xunta.
Afirmei que o auto é "de transformación dun procedemento noutro", pero que "non hai nada definitivo.Creo que estamos nunha situación semellante á que existía ata hai poucas horas e que non hai nada definitivo, polo tanto daría curso normal a tramitación dese procedemento xudicial”.
Engadín que; “si confío nel, creo que é unha persoa honrada e honesta, leva moitos anos servindo os intereses públicos e eu creo que con eficacia”.
Noutra orde de cousas, como, presidente da Comisión de Fomento no Congreso, comprometinme a tirar proveito da subcomisión sobre o sistema ferroviario cuxa creación aprobará hoxe o pleno da Cámara Baixa.
Dixen que pola subcomisión, iniciativa formulada tralo tráxico accidente de Angrois, pasarán expertos na materia que darán as súas suxestións.
Unha vez escoitados, elaborarase un informe que debería servir de guía ó Goberno na xestión desta infraestrutura.
Rematei dicindo que traballaremos con moitísima seriedade, escoitando a fundada opinión de moita xente que traballa no mundo ferroviario e que devolva o que creo que non se perdeu, a confianza de que estamos nun sistema seguro.
http://www.crtvg.es/rg/os-almorzos/celso-delgado-deputado-do-partido-popular
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta