lunes, 14 de octubre de 2013

Incentivos ao crecemento do tráfico aeroportuario

Quero resaltar un anuncio feito hoxe pola ministra de Fomento, Ana Pastor, de novos incentivos ao crecemento do tráfico aeroportuario, que comezarán a aplicarse a partir do 1 de xaneiro do próximos ano.

Por unha banda, Aena ofrecerá un incentivo nas tarifas das aerolíneas que contribúan ao crecemento total de pasaxeiros durante o ano 2014 e incentivará as novas rutas de calqueira compañía, tanto nacional como internacional.

Respecto da primeira destas medidas, a ministra detallo que se reducirá no 75% a taxa de pasaxeiros para viaxeiros adicionais nunha ruta. Esta porcentaxe repartirase do seguinte modo: o 50% será abonado ás compañías en 2014, mentres que o 25% restante abonarase en 2015, si a compañía mantén o número de pasaxeiros de 2014 na ruta incentivada.

Sobre a posta en marcha de rutas a novos destinos, Pastor explicou que se incentivará o 100% da taxa de pasaxeiro. Un 75% deste incentivo abonarase ás compañías en 2014 e o 25% restante en 2015, si a compañía mantén o número de pasaxeiros na ruta incentivada.

Estes novos incentivos sumaranse aos xa existentes, entre eles o desconto do 50% da taxa de pasaxeiros nos días vale nos aeroportos canarios e do 20% en aeroportos estacionais, como no caso das Illas Baleares. 

Considero moi oportunos estes incentivos para incrementar o tráfico nos nosos aeroportos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta