Acabo de finalizar o habitual faladoiro de Radio Voz dos xoves que modera Antía Díaz Leal e que se emite desde as 8,35 horas ata as 9,30.
Abordamos varios temas, comezando pola folga de educación que foi convocada para hoxe en protesta contra a LOMCE. Afirmei que respectando ao máximo o exercicio deste dereito, noi parecía razoable manifestarse contra unha Lei que acaba de ser aprobada e que non é posible xulgar posto que non comezou a súa aplicación.
Reclamei o dereito do Partido Popular a lexislar nesta materia, pois formaba parte do noso programa electoral e recordei que co actual sistema baseado na Lei de Orgánica de Ensino (LOE) redactada polo PSOE uno de cada catro alumnos non finaliza a educación obligatoria ou non continua o bachalerato para afrontar a formación profesional.
É dicir que temos unha taxa de abandono é o dobre da media europea e PISA mostra que o nivel de coñecementos dos alumnos españois está ao nivel de fai dez anos. Así que é razoable propoñer cambios que permitan mellorar a situación.
Afirmei que desde posicións de esquerda dise que o PP pretende acabar co ensino público, cando o certo é que defendemos os principios fundamentais da liberdade de ensino e o de equidade.
Puxen como exemplo Galicia, unha Comunidade na que ou 73 por cento do alumnado que comeza este curso faino en centros públicos (288.183) e ou resto pertence a concertados (25%) e a privados (2%). Estes datos acreditan a evidente aposta polo ensino público.
|
Tamén falamos dos datos do Banco de España que onte difundía o seu Informe Trimestral da Economía Española no que se afirma que neste período, a economía española prolongou a mellora gradual que se vén observando desde principios de ano, nunha contorna caracterizada por un certo alivio nas tensións financeiras e unha mellora da confianza.
As estimacións realizadas revelan que no período de xullo-setembro, o PIB pasou a crecer un 0,1 %, en taxa intertrimestral, tras nove trimestres consecutivos de descensos. Tamén nse informe fálase de que o emprego moderou sustancialmente o seu ritmo de descenso neste período, estimándose unha leve redución intertrimestral do 0,1 % , de que os mercados financeiros españois participaron da melloría que se produciu a nivel europeo.
Iso plasmouse en novos descensos das rentabilidades da débeda pública española e das súas diferenciis respecto de os bonos alemáns que, no prazo de dez anos, situábanse en niveis do 4,3 % e de 245 puntos básicos, respectivamente; tamén fala dunha progresiva estabilización do consumo dos fogares. En definitiva indicadores positivos que amosan que saímos técnicamente da recesión, amosan, que aínda que seguimos en crise, estamos na senda da recuperación.
Tamén falamos do debate de totalidade que onte concluíu, de modo que segue adiante a tramitación do proxecto de Lei de PGE para 2014, uns orzamentos austeros e realistas que destinan a protección social case o 53 %, na que a partida dedicada a pensións crece un 4,9 %. Uns orzamentos co obxectivo da recuperación.
|
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta