jueves, 17 de octubre de 2013

No faladoiro de Radio Voz

Hoxe, desde as 8,35 horas tivemos o habitual faladoiro de Radio Voz que modera a periodista Antía Díaz Leal, e na que participo desde Madrid coas deputadas Laura Seara e Olaia Fernández.
 
En primeiro lugar fixemos unha valoración do debate sobre o estado da autonomía celebrado o martes no Parlamento de Galicia e que continua hoxe co debate das propostas de resolución.
 
Dixen que Feijóo nun discurso serio e responsable, efectuou un balance de xestión e analise da situación actual de Galicia e presentou un programa para liderar a saída da crise e estar á fronte do crecemento económico que xa estamos a protagonizar.
 
Un discurso no que presentou propostas Feijóo en materia de política social, en materia fiscal por exemplo coa rebaixa do tramo autonómico do IRPF que beneficiará o 70% dos galegos, e no prezo das escolas infantís públicas. Tamén auncióu un paquete de novas iniciativas lexislativas.
 
Tamén fixen valoración dos discuros dos voceiros da oposición. No caso do PSOE vin a Méndez Romeu empregando un ton mais constructivo e no caso de BNG e AGE constatei un enrocamento das posicións tradicionais destas forzas.
 
A continuación Antía Díaz preguntóunos sobre o Proxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local, cuxo debate de totalidade ten lugar hoxe no Congreso.
 
Afirmei que a reforma do artigo 135 da Constitución española, na súa nova redacción dada en 2011, consagra a estabilidade presupuestaria como principio rector que debe presidir as actuacións de todas as Administracións Públicas. E que en desenvolvemento deste precepto constitucional aprobouse a Lei Orgánica de Estabilidade Presupuestaria e Sostibilidade Financeira, que esixe novas adaptacións da normativa básica en materia de Administración local para a adecuada aplicación dos principios de estabilidade presupuestaria, sostibilidade financeira ou eficiencia no uso dos recursos públicos locais.
 
Dixen que todo iso esixe adaptar algúns aspectos da organización e funcionamento da Administración local así como mellorar o seu control económico-financeiro.
 
Recordei que transcorreron case trinta anos desde a entrada en vigor da Lei reguladora das Bases do Réxime Local, e que tivo unha veintena de modificacións e que por iso parece chegado o momento de someter a unha revisión profunda da normativa da Administración local.
 
Dixen que esta reforma persegue varios obxectivos básicos: clarificar as competencias municipais para evitar duplicidades coas competencias doutras Administracións de forma que se faga efectivo o principio «unha Administración unha competencia», racionalizar a estrutura organizativa da Administración local de acordo cos principios de eficiencia, estabilidade e sostibilidade financeira, garantir un control financeiro e orzamentario máis rigoroso e favorecer a iniciativa económica privada evitando intervencións administrativas desproporcionadas.

Afirmei que o trámite parlamentario é o marco axeitado para mellorar o proxecto de lei por medio de enmendas, estando aberto o GPP a buscar consensos. Dixen que desde o meu punto de vista deberían producirse cambios e citei por exemplo as enmendas que presenta a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Finalmente falamos da polémica xurdida con relación a unha pregunta que onte no Pleno fixo a portavoz socialista, Soraya Rodríguez á vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz sobre unhas declaracións desta sobre a fraude nas prestaciones de desemprego.

Afirmei que o único certo é que o pasado venres a vicepresidenta do Goberno na roda de prensa posterior ao Consello de Ministros informou sobre os resultados da loita contra a fraude fiscal, laboral e á Seguridade Social. E entón afirmou que desde comezos do ano 2012 “realizáronse máis de dous millóns e medio de actuacións de control que deron como resultado a sanción a 520.572 perceptores de prestacións por desemprego. A maioría deses perceptores foron sancionados polo incumprimento de requisitos tales como a ausencia de comunicación de rendas ou de prestacións, así como a non renovación de demanda. As sancións van desde a suspensión dun a seis meses do cobro da prestación, na súa maioría, ata a retirada total da prestación dependendo da gravidade da infracción”

Polo tanto dixen que non é serio manipular esta información nin pretender acusar á vicepresidenta de “querer criminalizar aos parados”, cando a loita contra o desemprego é una prioridade do gobernó do PP. Engadín dicindo que aínda sorprende máis que isto o diga a portavoz do partido  que sabe que una administración gobernada polos socialistas está implicada na maior fraude laboral da historia, que é o caso dos Eres.

http://www.radiovoz.com/

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta