Como
presidente da Comisión de Fomento e vocal da Comisión de Industria do Congreso,
fun invitado ao I Foro de Anfac e PwC sobre a industria automobilística
española.
Neste Foro, representantes do sector do automóbil do Goberno e dos axentes
sociais repasan durante dous días en Madrid os retos aos que se enfronta esta
industria e as posibilidades que se abren no futuro.
Perseguen xerar ideas, alternativas e solucións para articular un proxecto
común, mediante a converxencia de expertos, empresas, profesionais e colectivos
do automóvil.
Asistín a unha interesante mesa redonda na que participaban Antonio Cobo (Opel), Frank
Torres (Nissan), Manuel Díaz (PwC) e Manuel Valle (DG Industria).
E
escoitei á intervención da ministra de Fomento, Ana Pastor.
Comezou dicindo sobre o sector da automoción que é un exemplo de que, malia a
crise, as cousas poden ir razoablemente ben nun sector tan dinamizador da
economía española. E agradeceu a aposta dos grandes fabricantes por España
destacando a súa importancia para a recuperación da confianza no país.
Asegurou
en menos dun mes o seu departamento terá elaborado un mapa loxístico de España,
para coñecer cales son as necesidades do país e que permita reducir nun 10 % os
custos que soportan as empresas nesa materia.
Un mapa, no que se está traballando con todos os sectores e, en especial, co do
automóbil. Resaltou que a loxística e o transporte dá emprego directo a máis de
850.000 persoas e supón o 5 % do PIB.
Tamén anunciou que o Ministerio de Fomento está negociando co Banco Europeo de
Investimentos (BEI) a creación dunha nova liña de financiamento para a
renovación da flota de camións e autocares.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta