jueves, 24 de octubre de 2013

EPA do III trimestre de 2013: a maior caída do paro nun terceiro trimestre desde o ano 2005



Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) que acredita os seguintes datos o terceiro trimestre de 2013:

A ocupación sobe en 39.500 persoas, ata un total de 16.823.200.  A taxa de variación trimestral do emprego é do 0,24% e a taxa anual do  2,87%. A ocupación aumenta en 52.000 persoas no emprego privado, e diminúe  en 12.600 no emprego público.
O número de traballadores por conta propia crece en 15.200 e o de asalariados en 23.200.
Os empregadores aumentan en 20.300. O total de asalariados con contrato indefinido baixa en 146.300 e o de asalariados con contrato temporal increméntase en 169.500.

A ocupación aumenta nos Servizos (123.900 máis) e descende na Agricultura
(55.000 menos), na Industria (19.700) e na Construción (9.700).

As comunidades autónomas nas que máis crece a ocupación respecto ao trimestre  anterior son Cataluña (52.300 ocupados máis), Illes Balears (23.900) e Aragón (11.600). 

Os maiores descensos danse en Andalucía (52.300 ocupados menos), Comunidade de Madrid  (43.800) e País Vasco (17.700)

Illes Balears presenta o maior crecemento anual de ocupación (1,58%). Pola súa banda,  os descensos anuais máis acusados danse en Comunidade de Madrid (5,45%),  Comunidade Foral de Navarra (5,30%) e Cantabria (5,18%).


O número de activos descende en 33.300 ata un total de 22.728.000. A taxa de actividade  sitúase no 59,59%.

 O maior incremento de activos este trimestre obsérvase en Cataluña (19.700 máis) e  Canarias (17.900). Os descensos máis acusados danse en Andalucía (45.400 activos  menos), Comunidade de Madrid (32.900) e País Vasco (16.600)

O número de parados diminúe en 72.800 persoas e alcanza a cifra de 5.904.700. A  taxa de paro baixa 28 centésimas ata o 25,98%.

As maiores baixadas de paro respecto ao trimestre anterior obsérvanse en Cataluña (32.500 parados menos), Illes Balears (25.100) e Comunitat Valenciana (22.600). Os  maiores incrementos prodúcense en Canarias (22.000 parados máis) e Comunidade de Madrid (10.900).

É a maior caída do paro nun terceiro trimestre desde o ano 2005, é dicir, cando España estaba en plena expansión económica. Ademais a melloría no paro veu acompañada por un aumento do número de ocupados.

En resumo, e segundo destacou o Ministerio de Economía, pódese falar duns datos moderadamente positivos, na medida que cae o paro e crece o emprego e que son coherentes coa evolución económica.
Esta coherencia se complementa co avance de crecemento do PIB que onte fixo público o Banco de España:a economía nacional saíu da recesión no terceiro trimestre de 2013.

Tanto en crecemento económico como en emprego, a economía española comeza a dar os primeiros síntomas positivos.
Estes datos son só un primeiro paso cara á recuperación e, polo tanto, falta moito traballo por facer ata que estas cifras trasládense á economía real e as familias. 


Agora é o momento de redoblar os esforzos e continuar co proceso reformista para apontoar esa saída da crise.

EPA Galicia

3º trimestre: Galicia/21,59 -España/25,98
2º trimestre: Galicia/22,4 -España/26,3



A taxa de paro baixa en Galicia un 0,8 por cento con respecto ao trimestre anterior. Esta cifra supón mellorar a media do Estado na baixada do desemprego. A taxa EPA en España baixa en case un 0,3 (0,28) por cento.

Galicia é a cuarta CCAA onde máis baixa o número de parados en termos absolutos e relativos (-11.100 parados; -3,85%). Cabe destacar que en termos porcentuais a baixada da cifra de parados en Galicia é substancialmente superior á de España (-3,85 por cento fronte a 1,22 por cento).
Con estes datos, non só se mantén o diferencial positivo das taxas galega sobre a estatal, senón que se aumenta lixeiramente con respecto ao trimestre anterior. Actualmente, temos un diferencial de case 4,4 puntos. No anterior trimestre este diferencial era de 3,9 puntos.
  
Tamén mellora a taxa de ocupación en 0,77 décimas con respecto ao trimestre anterior, o que se traduce en 7.700 ocupados máis. Galicia supera á media estatal no aumento do ocupados, xa que en España aumenta un 0,24 por cento.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta