Onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo participou no Comité das Rexións en representación “de todos os territorios que conforman este foro” e como presidente dunha comunidade, e dixo que Galicia, que coñece o importante papel que desempeña a política de cohesión no desenvolvemento das rexións, unha comunidade, incidiu, “que soubo xestionar con acerto e éxito” os fondos comunitarios ao longo de máis de 25 anos.
Feijóo foi relator do ditame Recomendación para un mellor gasto, un ditame que foi aprobado por unanimidade.
Explicou que o texto aprobado ten como obxectivo fundamental lograr unha maior eficiencia e unha maior eficacia na xestión dos fondos comunitarios que permita avanzar cara a un crecemento intelixente, sustentable e integrador, eixos centrais da estratexia Europa 2020.
Algo que pasa, en primeiro lugar, relatou, por unha planificación axeitada e unha concentración temática que permita definir as áreas e os sectores estratéxicos nos que centrar os esforzos de cara a xerar un maior valor engadido e camiñar na senda da consecución dunha “cohesión social e territorial real”.
Algo que pasa, en primeiro lugar, relatou, por unha planificación axeitada e unha concentración temática que permita definir as áreas e os sectores estratéxicos nos que centrar os esforzos de cara a xerar un maior valor engadido e camiñar na senda da consecución dunha “cohesión social e territorial real”.
O ditame tamén aposta por unha aplicación efectiva da gobernanza multinivel entre as diferentes administracións para garantir unha coordinación axeitada e eficaz entre todos os estatus administrativos, evitar duplicidades innecesarias e maximizar o impacto de todas as accións que se financien con fondos europeos e se desenvolven en beneficio da cidadanía.
Nesa coordinación, o texto aprobado incide nunha maior descentralización rexional e local, xa que, abondou Feijóo, “a proximidade á cidadanía permite identificar de forma máis precisa cales son os ámbitos estratéxicos nos que se deben realizar os investimentos”.
Ademais, avánzase na necesidade de simplificar os trámites en todos os niveis e administracións para concentrar os esforzos na xestión dos programas comunitarios, destinando o máximo de recursos ás iniciativas en favor da cohesión e dedicando o mínimo imprescindible aos custos burocráticos ou de execución, sen menoscabar o rigor e o control, seguindo o principio de menos burocracia e máis transparencia.
De igual xeito, o ditame recolle a importancia de establecer uns mecanismos de seguimento relevantes que permitan coñecer o grao de avance e os resultados que se van obtendo, ao tempo que posibiliten a toma de decisións en función do resultado e dos recursos empregados; e sinala a conveniencia de afondar na aplicación de instrumentos financeiros, obter a colaboración da iniciativa privada e impulsar un uso innovador dos medios financeiros, dándolle máis relevancia ao Banco Europeo de Investimentos (BEI) ou a outros bancos de desenvolvemento.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta