martes, 1 de octubre de 2013

Valorando no PP de Ourense os PGE de 2014

Hoxe os deputados e senadores do PPOU: Guillermo Collarte, Ana Vázquez, Carmen Leyte, Juan Jimenez, Francisco Fernández e quen suscrebe, acompañados polo presidente provincial, Manuel Baltar comparecimos esta mañá en rolda de prensa para valorar o proxecto de Presupostos Xerais do Estado para 2014, feito público onte en Madrid na súa chegada ao Congreso dos Deputados.
 
Manuel Baltar salientou o volume de investimento que recibe a provincia. "A de Ourense é a provincia cun maior volume de inversión por parte do Ministerio de Fomento, e constatamos que se está recuperando a senda do crecemento económico, ademáis de que non se prevén subas de impostos no próximo ano, polo que podemos destacar que comezan a verse resultados dos esforzos que se levan feito".
 
Logo intervin en nome dos parlamentarios e fixen unha valoración dos Orzamentos xerais do Estado con especial detalle no capítulo de investimento real  na Comunidade Autónoma e na nosa provincia.

Dixen que os PGE do 2014 manteñen o seu compromiso con Galicia, onde o Estado investirá 1.353 Millóns de Euros, o que supón o 13,8% do total rexionalizado e un incremento do 3,43% respecto ao ano anterior. 

Destaquei que se trata dunhas contas públicas nas que o investimento total do Estado nas CC.AA. cae un 7,1 % respecto de 2013 porque se mantén o compromiso irrenunciable de recortar o déficit do conxunto das Administracións Públicas en 2014 ata o 5,8 do PIB, polo que Galicia sexa a terceira comunidade autónoma con maior volume inversor (por detrás de Andalucía e Castela e León) demostra o compromiso do Goberno coa nosa CC.AA. 
O groso do investimento na Comunidade Galega provén do Ministerio de Fomento, que dirixe Ana Pastor, que en conxunto, incluídos os seus organismos OO.AA e empresas, presupostan nos PGE para 2014 un investimento en Galicia de 1.157 M€.

Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con maior volume de investimento de Fomento en 2014 e tamén a segunda Comunidade Autónoma con maior investimento per cápita de Fomento.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta. Grazas.