Valoro dun modo moi positivo o anuncio que fixo hoxe
Cristóbal Montoro no Foro Anfac e PwC., no sentido de que o Goberno habilitará
en breve a extensión do Plan PIVE-3 (Programa de Incentivos ao Vehículo
Eficiente), por un montante doutros 70 millóns de euros para que estea
dispoñible ata fin de ano.
O obxectivo é substituír vehículos turismos e comerciais
lixeiros con máis de 10 anos e 7 anos de antigüidade, respectivamente, por modelos
de alta eficiencia enerxética e de menor contaminación.
O Estado comprométese a sufragar 1.000 euros en cada sustitución, como norma xeral, mentres que o fabricante engade outros 1.000 euros para sumar un total de, polo menos, 2.000 euros de incentivo.
O Estado comprométese a sufragar 1.000 euros en cada sustitución, como norma xeral, mentres que o fabricante engade outros 1.000 euros para sumar un total de, polo menos, 2.000 euros de incentivo.
É unha decisión moi acertada pois ademais dos
impactos económicos na creación de emprego e o PIB nacional, cabe destacar o
importante retorno por incremento da recaudación fiscal.
Como indicou Montoro, “gran parte do investimento no plan retorna en forma de
ingresos impositivos ao Estado e as comunidades autónomas, que serven para
sufragar outros gastos como os servizos sociais. Como é sabido, ao redor da
metade dos ingresos do IVA e do IRPF e todo o imposto de matriculación corresponden
ás comunidades autónomas"
Contribúe ademais esta medida de estímulo da demanda interna, a que España se manteña como segundo productor en Europa de turismos, e o primeiro en vehículos comerciais, con 17 fábricas instaladas por todo o país, una delas na miña Comunidade autónoma, a planta de PSA-Citröen en Vigo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Recibirá resposta