domingo, 10 de noviembre de 2013

Sobré a vindeira sesión plenaria

A vindeira sesión comezará o luns, 11 de novembro, ás 16,00 horas, e continuará o martes, ás 9,00; e o mércores, a partir da mesma hora.

O Pleno debaterá o dictame elaborado pola Comisión de Orzamentos, que se reuniu os días 5 e 6 de novembro, a partir do informe do relatorio e trala votación das enmendas ao articulado.

O mércores, ao término do debate, realizarase a votación do dictame e as enmendas que os grupos parlamentarios decidan manter vivas ante o Pleno. O texto resultante será enviado ao Senado para continuar a tramitación.

No caso de que a Cámara Alta non introduza enmendas nin vete o proxecto, os Orzamentos quedarán definitivamente aprobados. Si o Senado aproba modificacións ou veta o proxecto, este haberá de volver ao Congreso dos Deputados, que poderá ratificar ou rexeitar as enmendas e, no seu caso, levantar o veto. 

O mércores ás 16,00 horas presidirei a Comisión de Fomento na que comparecerá o Presidente da Entidade Pública Empresarial RENFE-Operadora, para presentar o novo modelo empresarial e o orzamento de explotación de Renfe-Operadora e das novas catro Sociedades Estatais (Renfe Viaxeiros, Renfe Mercancías, Renfe Aluguer de Material Ferroviario e Renfe Fabricación e Mantemento) cuxa creación acordou o Consello de Ministros o 27/09/2013. E tamén para informar da nova política tarifaria nos trens de alta velocidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta