Adicamos
a práctica totalidade do tempo do faladoiro ao sector naval, en concreto á situación
de Navantia e a do estaleiro viges de
Barreras.
Respecto
de Navantia, mostrei a miña solidariedade e proximidade aos representantes
públicos do PP da comarca de Ferrolterra, que co alcalde de Ferrol á cabeza,
José Manuel Rei Varela, viaxaron en autobús de noite a Madrid para hoxe acudir
á sé central da Compañía e reunirse coa súa dirección e esixir explicacións
pola situación do estaleiro e demandar solucións urxentes á exasperante falta de carga
de traballo.
Dixen
que esa actitude continuada de proximidade aos problemas reais de Ferrolterra,
é a propia duns representantes moi comprometidos cunha comarca que xa viviu
dous procesos de reconversión industrial, onde se perderon miles de postos de
traballo.
Tamén valorei o feito de que hoxe o Consello da Xunta
definirá as propostas de futuro para os estaleiros públicos de Ferolterra co obxectivo de que sexan incluídas no futuro plan
estratéxico para Navantia.
A primeira delas, facer un balance
diferenciado para saber realmente onde está o problema dos estaleiros públicos;
un balance específico que permita concretar os ingresos e os gastos de Ferrol, os
de Cartaxena e os de Cádiz para saber así que estaleiros son eficientes e cales
o son menos.
A segunda proposta que
incidirá na necesidade de distinguir a construción militar e a construción
civil en Fene e en Ferrol. Neste sentido compartin a necesidade de seguir traballando
para que a Unión Europea acepte facer un dique flotante en Navantia Ferrol.
Falei tamén da recente sinatura do acordo entre o estaleiro Hijos de J. Barreras e Pemex que dá entrada de Pemex, a cuarta petroleira do mundo, no estaleiro vigués co 51 % do capital soiclal. Un acordo importantísimo para mellorar a capacidade do estaleiro e para a obtención de novos contratos abrindo máis posibilidades de construción de barcos para Pemex e reforzando a posición competitiva de Barreras.
Destaquei
a extraordinaria implicación de Alberto Núñez Feijóo, do Conselleiro Francisco Conde e de toda a Xunta, en
apoiar aos estaleiros galegos,
sexan públicos ou privados.
Unha actuación absolutamente proactiva, que xa
comeza a dar resultados como esta alianza.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta