Asisto hoxe na
Comisión de Orzamentos do Congreso ao debate das emendas ao Proxecto de Lei de
Orzamentos Xerais do Estado para 2014, en concreto ao da sección 17 que é a
correspondente ao Ministerio de Fomento.
Ao termo da sesión difundimos a seguinte nota de prensa:
“Os deputados galegos do PP entenden que os PGE do 2014 reflicten o compromiso do Goberno con Galicia, onde o Estado investirá 1.353 Millóns de Euros, o que supón o 13,8% do total rexionalizado e un incremento do 3,43% respecto ao ano anterior, polo que consideran que as emendas presentadas polos distintos grupos políticos responden á lóxica dentro do xogo democrático da oposición pero son pouco entendibles nun momento de crise como o actual.
O coordinador dos deputados galegos do PP, Celso Delgado, subliña que Galicia é a terceira comunidade autónoma con maior volume investidor (por detrás de Andalucía e Castela e León), o que demostra o compromiso do Goberno coa nosa CC.AA. dentro duns orzamentos que deben manter o equilibrio territorial e nos que se prima, como non podía ser doutro xeito en tempos de crise, o gasto social, que leva un 53% das contas públicas e que crece un 4,4% respecto ao ano anterior.
Delgado destaca que os PGE do 2014 reflicten o esforzo do Executivo de Mariano Rajoy por priorizar os investimentos necesarios garantindo, á vez, a sustentabilidade do Estado de Benestar e apostando dentro do gasto social pola protección dos máis débiles: pensionistas e desempregados.

Nun momento de crise e cun orzamento condicionado tamén pola necesidade de
cumprir cos obxectivos da UE, o Goberno non esquece ningunha das principais
infraestruturas de Galicia, e o Ministerio de Fomento, dirixido pola galega Ana
Pastor, dedica, por exemplo, 194,9 millóns para concluír o Eixo Atlántico de Alta
Velocidade; destina 584 millóns para o ferrocarril en Ourense con especial
atención á conexión con alta velocidade coa Meseta e 406 mil euros máis para a
alta velocidade coa fronteira portuguesa; inclúe 213 millóns para estradas en
toda a CC.AA., con partidas importantes para terminar a A-8, a Autovía do
Cantábrico, (17,91 millóns), para dar un importante impulso á A-54
Lugo-Santiago (60,95) ou para terminar por fin a AC-14 As Lonzas-Zapateira (con
31,04 millóns), unha obra que cando gobernaban os socialistas atrasouse durante
10 anos. Ademais, destínanse importantes cantidades a aeroportos e portos
galegos, como os 48,4 millóns para portos na Coruña con especial atención ao de
Punta Langosteira.
En Agricultura, aos populares chámalles a atención as emendas presentadas agora polo PSOE para o sector lácteo, sobre todo cando eles cando gobernaban nacionalizaron o sistema de cotas lácteas coa súa depreciación e fracasaron en todas as negociacións en Bruxelas. En Pesca, sorprende que se pidan incrementos en investigación pesqueira cando xa se incrementa sensiblemente este orzamento e, sobre todo, cando os socialistas malgastaron na construción do buque Intermares que agora resulta imposible de manter.
Finalmente, o conxunto dos deputados galegos lamenta que as emendas presentadas por BNG e PSOE carezan do rigor que debe guiar calquera elaboración orzamentaria, xa que todos os incrementos que piden cárganos a baixas na sección 31, concretamente ao programa 929-M, para que o existe un fondo para toda España que non supera os 30 millóns de euros, unha cantidade moi inferior ás altas que reclaman. É moi fácil pedir pero a responsabilidade de elaborar uns PGE radica precisamente en que as contas teñen que cadrar e que en época de crise hai que priorizar para xestionar mellor, sinalan os populares galegos, que tamén lamentan que os socialistas pidan agora obras que non priorizaron cando eles gobernaban”

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta