lunes, 4 de noviembre de 2013

Debate en Comisión de Orzamentos das emendas ao Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2014

O Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2014 debátese os días 5 e 6 de novembro, na Comisión de Orzamentos, que se reunirá de xeito ininterrompido o martes a partir das 12,00 e o mércores, desde as 9,00 horas.

A Comisión debaterá e votará o informe do relatorio e as emendas ao articulado presentadas polos distintos grupos parlamentarios, para elaborar o Ditame que será elevado ao Pleno da Cámara.

Segundo o calendario de tramitación dos Orzamentos para 2014, que o ministro de Facenda e Administracións Públicas entregou á Cámara o 30 de setembro, o Dictáme da Comisión de Orzamentos e as emendas que os grupos decidan manter vivas debateranse na sesión Plenaria entre o 11 e o 14 de novembro.

A continuación remitirase o texto ao Senado. No caso de que a Cámara Alta non introduza emendas nin vete o proxecto, os Orzamentos quedarán definitivamente aprobados. Se o Senado aproba modificacións ou veta o proxecto, este haberá de volver ao Congreso dos Deputados, que poderá ratificar ou rexeitar as emendas e, no seu caso, levantar o veto.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta