O vindeiro xoves, salvo cambios de última hora, subirei á tribuna do Congreso para expresar ante o Pleno a posición do Grupo Parlamentario Popular en relación coa enmenda á totalidade con devolución presentada ao Proxecto de Lei Básica de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación, por Esquerra Republicana de Catalunya.
Recordarei que as mais que centenarias, Cámaras de Comercio, Industria e Navegación naceron en España a finais do século XIX como unha forma de representar os intereses xerais das empresas.
Os seus antecedentes están nos Consulados con raíces na idade media, posteriormente nas Xuntas de Comercio e finalmente nas Sociedades Económicas do País.
A súa primeira regulación xurídica data do 9 de abril do ano 1886 cando o entón Ministro de Fomento, o galego Eugenio Montero Rios, xestou, un real decreto que promulgou a Raíña María Cristina.
No preámbulo deste Real Decreto figura esté pasaxe: “Afastada destas Cámaras a política e dedicadas pura e exclusivamente a velar polos intereses locais e xerais do comercio, da industria e da navegación e a procurar o seu acrecentamento creando novos ramos de produción e de tráfico, a uniformar usos e prácticas mercantis, a ilustrar co seu consello ás autoridades e ao goberno, a promover e dirixir exposicións que sinalen o camiño das reformas e proxectos convintes; nunha palabra a poñer en xogo os medios que o interese xeral suxira a cada un dos asociados para lograr o ben común, todo fai presumir que a institución de que se trata ha de franquear ao país novas vías de prosperidade e progreso”
Neutralidade política e defensa dos intereses xerais motivaron pois o nacemento das Cámaras. A primeira en crearse foi a de Bilbao o 28 de maio de 1886, logo viñeron as demais.
A de Ourense alumeouse en xaneiro de 1899 nunha asemblea de comerciantes e industriais da provincia e foi constituida o 2 de abril do mesmo ano baixo a presidencia de D. Francisco Villanueva Lombardero.
Anos despois, mediante o Real Decreto de 21 de xuño de 1911, instaurouse en España un modelo cameral continental baseado na obrigada adscripción das persoas que exercian actividades empresariais e na obligatoriedade no pago de cotas.
Este sistema é o que se mantivo ata os nosos días, coa ata hoxe vixente Lei 3/1993, de 22 de marzo, froito do seu adecuación ao noso Estado autonómico e pertenza á Unión Europea. Logo viñeron algunhas reformas normativas, sendo a de maior impacto a contida no Real Decreto-lei 13/2010, de 3 de decembro, de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar o investimento e a creación de emprego, que estableceu un sistema cameral de pertenencia voluntaria e eliminou o recurso cameral permanente.
Explicarei que tralas eleccións xerais de 2011 o novo goberno, logo dun proceso de estudo, diálogo e reflexión, presenta un proxecto de lei respetuoso co reparto competencial do Estado, que segue atribuíndo ás Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación a consideración de corporacións de dereito público que realizan funcións de carácter consultivo e de colaboración coas administracións públicas en todo aquilo que teña relación coa representación, promoción e defensa dos intereses xerais do comercio, a industria, a navegación e os servizos.
Un proxecto que contén reformas para impulsar ás Cámaras como entidades de prestación de servizos, abogando por un modelo de Cámaras dirixido a resultados, todo iso co fin de reforzar a súa eficiencia no desenvolvemento das funcións que se lles atribúen.
Por suposto no debate parlamentario, e dentro do limitado tempo, darei moitos argumentos para defender este proxecto de lei, que deberá seguir logo a sua tramitación na Comisión de Economía e Competitividade, onde examinaremos con detalle o articulado, e así tratar de mellorar o texto.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta