Esta mañá Radio Voz emitiu ás 8,35 o faladoiro dos xoves que modera Antia Díaz Leal e na que tres deputados nacionais abordamos a actualidade política.
Hoxe abordamos dous temas. O primeiro relacionado co barómetro do CISS de outubro que evidencian que o Partido Popular aumenta a súa distancia co PSOE. Obtén agora o apoio do 34% dos votantes, un 1,5% máis que en xullo pasado, cando se realizou o último estudo, aínda que aínda 10 puntos por baixo da maioría absoluta que logrou nas eleccións xerais de 2011.
Mentres tanto o principal partido da oposición o PSOE perde un 0,4% de apoio; do 27,2% de fai catro meses ao 26,8% actual. Dixen que ao meu entender esta mellora de posición do PP ten que ver cunhas mellores expectativas económicas do País, pois as reformas emprendidas empezan a dar algúns resultados.
Notouse no paro, que en agosto caeu en 31 persoas, unha cifra moi modesta, pero que era o primeiro dato positivo neste mes nos últimos 13 anos. Ademais, o que era máis importante, o paro rexistrado encadeaba seis meses consecutivos de caídas. Logo subiu en setembro e outubro, pero moito menos que en anos anteriores, e o mes pasado a taxa internanual baixou por primeira vez desde 2007.
Logo falamos da decisión da Generalitat valenciana de pechar súa televisión autonómica ante a imposibilidade de custear a readmisión dos 1.000 traballadores despedidos cun ERE o pasado ano.
Dixen que era unha medida que buscaba garantir a sustentabilidade dunha empresa pública, que tiña máis de 1.700 empregados e unha débeda superior aos 1.000 millóns de euros ademais dunha escasa cota de pantalla.
Preguntado sobre un contaxio a outras televisións públicas, considerei que fronte a esta decisión puntual de peche da televisión autonómica pública -RTVV (Canal Nou) a CRTVG é eficiente, ten un dos custos máis baixos de España e ten a aceptación da audiencia.
Ademáis a CRTVG está saneada, non ten débeda e acaba en equilibrio orzamentario cada ano ademais de ser a segunda autonómica con máis audiencia.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta