martes, 12 de noviembre de 2013

Ceferino Díaz: recoñecemento a un político que honróu a política

Onte pola tarde estiven no Parlamento de Galicia asistindo ao acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia, a título póstumo, ao exdeputado Ceferino Díaz Díaz.

Abriu o acto a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, quen agradeceu a elección da sede do lexislativo galego para facer entrega desa distinción e considerou que “poucos lugares resultan máis acaídos que o Parlamento de Galicia para acoller este acto”, xa que Ceferino Díaz foi deputado autonómico nas catro primeiras lexislaturas, entre 1981 e 1997.

Do homenaxeado, a titular do Lexislativo galego destacou o seu espírito de consenso, “aberto ao diálogo, e disposto a prestixiar o autogoberno e a esta Cámara nun tempo no que todo ou case todo estaba por facer”.

Reflexionando sobre o momento actual, Pilar Rojo considerou que sería bo “impregnarnos” do espírito de Ceferino Díaz no Parlamento “para aprender a ollarnos como adversarios políticos, nunca como inimigos; para aprender que sempre hai espazo para o entendemento; para interiorizar que, por riba de todo, nos debemos aos cidadáns; e para comprender que, ao sermos elixidos, recibimos tamén un mandato de concordia”.

Entregou a medalla o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que foi recollida pola unha das duas filas do homenaxeado, Alba Díaz, que logo pronunciou unhas emotivas palabras en nome de toda a familia.

Pechou o acto Alberto Núñez Feijóo, que considerou,  que a mellor louvanza que del se pode facer “é que forma parte dun amplo grupo de políticos que honran á política”. “Non importa as siglas que representen. É secundaria a ideoloxía que defendan. Refírome aos políticos que, desde distintos partidos, entenden a política do mesmo xeito: como unha ferramenta para recuperar os mellores valores da nosa sociedade”, aseverou.

Feijóo destacou a entrega, a xenerosidade e a responsabilidade coa que este lugués de O Saviñao exerceu no Parlamento de Galicia, e defendeu Galicia en España. Neste sentido, afirmou que a súa é unha traxectoria merecente de ser un modelo para todos os políticos “porque o sentido común, o compromiso con Galicia e con España e a capacidade para establecer unha orde de prioridades axeitado, se impuxeron sempre sobre calquera outra consideración”.

“Por todo iso, se é unha gran verdade que temos que lamentar a perda –demasiado pronta- dun home tan valioso na política galega, tamén o é que temos que felicitármonos por ter podido contar con el e aprender tanto do seu exemplo”, engadiu.

Feijóo salientou que Ceferino Díaz estivo a altura de Galicia e avogou por que recollan o seu testemuño todas as forzas políticas con representación no Pazo do Hórreo, “no que tantas veces o puidemos oír debater, conversar, achegar, ilusionar, convencer e pactar”.

O titular da Xunta rematou a súa intervención lembrando as palabras de Ceferino Díaz con motivo do 30 aniversario do Parlamento de Galicia e pedindo que esas palabras ilustren sempre a vida pública galega: “Ceferino Díaz dixo aquel día que entre todos, deputados sen experiencia, persoal da Cámara sen experiencia e cronistas sen experiencia se construíu o Parlamento>’. E engadiu: ”. 

Rematamos cantando o hino galego. 

Celebro ter asistido a esta acto onde foi recoñecido con todo merecemento o extraordinario traballo deste gran home, do que fun testemuña nos doce anos que compartimos escanos no Congreso dos Deputados.

http://www.crtvg.es/informativos/a-familia-de-ceferino-diaz-recolle-a-medalla-de-galicia-a-titulo-postumo-697316


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta