O
Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro
rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2013.
Por
sectores, 8.717 son da agricultura, 37.520 da industria, 38.849 da construción,
161.447 nos servicios e 21.692 do colectivo sen emprego anterior.
Non se pode facer unha valoración positiva
dunha subida do paro. Hai que ter en conta que outubro é un mes onde
tradicionalmente se producen aumentos do desemprego en Galicia, mesmo en épocas
de bonanza económica. O aumento rexistrado este mes é a subida máis moderada en
termos relativos desde o ano 1998, e desde 2007 se se computa en termos
absolutos.
O aumento do paro vincúlase case totalmente
ao sector servizos (+6.022). O desemprego baixa na construción (-289).
A evolución interanual de Galicia no mes de
outubro é do 0,15 por cento (+413 persoas). Mellora en máis de 10 puntos á
rexistrada en 2011/2012. Entre 2011 e 2012, o incremento era do 10,60 por cento
(+25.670).
No que vai de 2013, acumúlase un descenso
de 10.562 persoas.
O paro
medou en outubro en 87.028 persoas, un 1,84 %. Queda situado en 4.811.383
persoas. Deles 2.332.743 son homes e 2.478.640 son mulleres. 4.360.287 son
maiores de 25 anos e 451.096 menores.
O paro rexistrado no mes de outubro redúcese en 22.138 persoas respecto
ao mesmo mes de 2012.
O crecemento do paro en outubro de 87.028 sitúase por baixo do incremento de
128.242 rexistrado en 2012.
En termos desestacionalizados, o paro descende en 8.239 persoas. Por primeira
vez desde o ano 2006, rexístrase unha diminución consecutiva nos meses de
agosto, setembro e outubro.
No que vai de 2013, o paro rexistrado diminuíu en 37.340 persoas, o que supón o
maior descenso acumulado desde o ano 2006. Así mesmo, o paro rexistrado entre
os mozos menores de 25 anos diminuíu nos últimos 12 meses en 36.291 persoas, o
que supón un descenso do 7,4%.
Por sectores de procedencia, cae o paro entre os traballadores cuxa última
actividade foi a construción (10.367 persoas, un -1,55%). Sobe entre quen
traballaran no sector servizos (68.870 persoas, un 2,31%), a agricultura e pesca
(23.488, un -12,97%) e a Industria (2.265, un 0,44%).
Hoxe a Secretaria de Estado de Emprego, Engracia Hidalgo, destacou que, “desde
o respecto e a prudencia, e a preocupación que sempre supón un aumento do
desemprego, os datos de outubro confirman a evolución favorable dos últimos
meses no paro rexistrado e da contratación, de xeito acorde á corrección que se
observa noutros aspectos da actividade económica”
E engadiu que aínda queda traballo por facer “para consolidar as melloras que
parecen apreciarse, pero estamos convencidos de que as reformas adoptadas son o
camiño da recuperación e, xa que logo, o medio necesario para que o noso país
recupere a senda de crecemento e de creación sostida de emprego estable e de
calidade”
Fonte: Servizo Público de
Empleo Estatal.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta